Juan Gris: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Pintores do século XX mediante HotCat |
m Poño modelo Biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
[[Ficheiro:Juan Gris - Portrait of Pablo Picasso - Google Art Project.jpg|miniatura|dereita|Retrato de [[Picasso]].]] |
[[Ficheiro:Juan Gris - Portrait of Pablo Picasso - Google Art Project.jpg|miniatura|dereita|Retrato de [[Picasso]].]] |
||
'''José Victoriano González-Pérez ''' coñecido artisticamente como '''Juan Gris''', nado en [[Madrid]] o [[23 de marzo]] de [[1887]] e finado en [[Boulogne-Sur-Seine]] o [[11 de maio]] de [[1927]], foi un [[pintor]] [[España|español]] que desenvolveu a súa actividade principalmente en [[París]], é considerado como un dos mestres do [[cubismo]]. |
'''José Victoriano González-Pérez ''' coñecido artisticamente como '''Juan Gris''', nado en [[Madrid]] o [[23 de marzo]] de [[1887]] e finado en [[Boulogne-Sur-Seine]] o [[11 de maio]] de [[1927]], foi un [[pintor]] [[España|español]] que desenvolveu a súa actividade principalmente en [[París]], é considerado como un dos mestres do [[cubismo]]. |
Revisión como estaba o 5 de xuño de 2018 ás 01:28
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Victoriano González-Pérez 23 de marzo de 1887 Madrid, España |
Morte | 11 de maio de 1927 (40 anos) Boulogne-Billancourt, Francia |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Cimetière de l'Ouest (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, artes visuais, escultura e Cubismo |
Lugar de traballo | Boulogne-Billancourt París Madrid |
Ocupación | pintor , debuxante arquitectónico , escenógrafo , gravador , ilustrador , escultor , debuxante , artista visual |
Xénero artístico | Cubismo analítico (pt) , Natureza morta, Arte abstracta, arte figurativa e retrato |
Movemento | Cubismo |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá, lingua catalá e lingua francesa |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
José Victoriano González-Pérez coñecido artisticamente como Juan Gris, nado en Madrid o 23 de marzo de 1887 e finado en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927, foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París, é considerado como un dos mestres do cubismo.
Traxectoria
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.
No ano 1906 trasladouse para París (Francia), onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e 'Charavari' (Chocallada).
Durante a Primeira Guerra Mundial (1914 - 1918) aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919. Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.
Obra
As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano no que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso", asinando un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, que morre en 1914. No ano seguinte pasou o verán con Picasso en Céret, período no que comezou a desenvolver a tècnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).
Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diaghilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobre todo a guache e máis a acuarela, realizando algunhas ilustracións para libros.
As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.
Obras destacadas
Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderna de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museu Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).
Galería
-
....., 1914, Tate Gallery, London.
-
Guitarra e mandolina, 1919, Galerie Beyeler, Basel
-
Natureza morta con guitarra, libro e xornal, 1919, Kunstmuseum, Basel .