Anacardio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Engadida referencia nome
Liña 41: Liña 41:
[[Categoría:Froitas exóticas]]
[[Categoría:Froitas exóticas]]
[[Categoría:Plantas descritas en 1753]]
[[Categoría:Plantas descritas en 1753]]
[[Categoría:Especies descritas por Linné]]

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2018 ás 19:27

O anacardio[1] (Anacardium occidentale) é unha árbore tropical da familia Anacardiaceae. Nativa do norte e nordés do Brasil, cultívase agora en moitas zonas de clima tropical, polo seu froito, tamén chamado anacardio.

A árbore mide entre 5 e 10 metros de altura, chegando os exemplares máis altos a 20 metros, a súa copa ben poboada o seu froito ten forma de ril, seco e torrada é a forma máis habitual de consumo. Xunto as súas flores, ben pequenas, fórmase un pedúnculo maior e máis brando que o froito, tamén comestible, de cor laranxa ou vermella.

Os portugueses levaron a árbore ás súas colonias de Asia e África, pero foi na India onde mellor se adaptou a árbore. Hoxe a India, Mozambique e Brasil son os maiores exportadores do anacardio. Do anacardio tamén se procesa un licor; o de Goa, chamado fenny é o máis coñecido. En portugués a árbore coñécese co nome de cajueiro, e o froito como castanha de cajú.

Galería de imaxes

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anacardio.

Véxase tamén

Ligazóns externas