Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde decembro de 2017.)
No ano 1917[1] estableceuse un pequeno estaleiro de ribeira na zona de Perlío, que facía buques de pesca en madeira propiedade de Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque.[2] Este pequeno estaleiro foi mercado por Llanos en 1941 xunto con outros socios e foi ampliándose desde a ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene, comezando a dedicarse á construción de barcos pesqueiros en madeira.
En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acometeuse o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán José María González-Llanos iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais, economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.
A primeira crise chegou en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se botou o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o Al-Andalus en 1974 de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o Santa María en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.
Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón Comunidade Económica Europea). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construciónOff-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.[3]
Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira e logo aceiro a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laieta, primeiro gaseiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo.
Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise[4] botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norte americana Transocean.
Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha máis forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, o que provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chegouse en 2004 á negociación coa UE, na que o goberno optou por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados a 300. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.
Primeiro buque construído en Astano, 23 metros de eslora.
1944
Astano pasa a ser Sociedade Anónima.
1948
Buques en aceiro
Pasa a construír buques en aceiro remachados.
1950
Inicio das obras de construción do dique 1, rematadas en 1956.
1951
Astano ten 1225 traballadores.
1957
Inicio das obras nas novas bancadas, rematadas en 1960.
1961-1980
Entra na construción de petroleiros.
1963
Botadura do cargueiro Artemision, de 30 000 toneladas.
Astano ten 2500 traballadores.
1966
Botadura do Ildefonso Fierro de 219 m.
Primeiro petroleiro botado nas novas bancadas, Astano ten 3129 traballadores.
1968
Botadura do Laieta, de 196 metros de eslora
Primeiro metaneiro construído en España.
1971
Construción da grúa pórtico e do dique 2.
1972
Astano ten 6000 traballadores, entrada do INI na empresa.
1975
Botadura do petroleiro Santa María de 346 metros de eslora e 365 000 toneladas.
1979
Astano traballa ao 30% da súa capacidade, o INI toma o control da empresa.
1982
Astano ten 7000 traballadores.
1984-1987
Reconversión naval.
1987
El Dorado de 264 metros de eslora.
Último buque construído en Astano.
1989
Construción off-shore.
1992
Astano ten 2017 traballadores.
1997
Construción off-shore.
2000
Astano ocupa 755 000 metros cadrados de superficie, mais ten pouco máis de 1000 traballadores. En xullo Astano pasa a chamarse Izar-Fene.
2004
Pasa a chamarse Navantia.
2015
Fin do veto á construción de buques.
Eólica mariña.
Reparacións navais
Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares.
Astano ten nas súas instalacións 11 peiraos que suman 2 700 metros.
Tamén hai dous diques para reparacións:
Dique número 2 de 260×38 metros.
Dique número 1 de 160×24 metros.
2 grellas de 337×58 metros.
18 guindastres cunha potencia de entre 10 e 100 toneladas.
1 guindastre pórtico de 800 toneladas de capacidade de elevación.
O tamaño máximo dun buque construído foi de 346×60 metros (385 000 TPM).
A icona pola que é coñecida a empresa é o seu guindastre pórtico, unha construción cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, construída entre 1970 e 1971. Foi deseñada pola empresa alemá PHB Jucho e construída pola MTM Maquinista Terrestre Marítima de Barcelona no propio estaleiro. Mide 145 metros entre piares e 75 metros de alto baixo o pórtico. No momento da súa construción era a maior de toda Europa.[6]
Buques construídos
Dende 1941 Astano leva construídos preto de 300 buques.[7]