Saruman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m robot Añadido: hu:Szarumán, tr:Saruman
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Saruman''' é unha das personaxes do [[universo de Tolkien]] na súa saga ''[[O Señor dos Aneis]]''. Saruman o Branco (tamén chamado ''Curunír Lán'' en ''Sindarin'', que significa ''“home hábil, capaz”'') foi o máis importante membro da orde dos Magos (ou ''Istari'') e chegou á '''Terra Media''' como Emisario dos [[Valar]] na '''Terceira Idade'''. Foi o líder do '''Concilio Branco''', concilio dos grandes Sabios da Terceira Idade que se uniron para facerlle frente a [[Sauron]].
'''Saruman''' (do [[inglés antigo]] ''særu man'', "home hábil") é unha persoaxe creada por [[J. R. R. Tolkien]] que fai a súa aparición na novela "''[[O Señor dos Aneis]]''". Saruman era un dos cinco [[Istari]] ([[Maiar]] convertidos en Magos) que chegaron ós [[Portos Grises]] desde [[Valinor]] cando transcorreran mil anos da [[Terceira Idade do Sol]]. Tamén era coñecido polos elfos como '''Curunír''' ("varón de hábiles recursos"). Seica o seu nome de Maia era '''Curúmo'''.


Durante séculos tivo como propósito destruir a [[Sauron]], o Señor Escuro, sendo elexido xefe do [[Concilio Blanco]], pero pouco a pouco, ó estudar a historia e a ciencia dos [[Aneis de Poder]], empezou a desexar o poder para si mesmo. Durante o tempo da Segunda Liñaxe dos reis de [[Rohan]] converteuse en suposto aliado e amigo deste pobo, e eles aceptáronno complacidos. Máis adiante o Senescal rexente de [[Gondor]] entregoulle a chave da torre de Orthanc en [[Isengard]], que sería o seu lugar de residencia. Logo de que o Concilio Blanco finalmente expulsara a Sauron da [[Fraga Negra]], Saruman decidiu non oír máis consello que o seu, e retirouse a Isengard, fortificándoa e convertíndoa en segredo nun lugar adicado ó mal. Conseguiu infiltrarse na corte do rei [[Théoden]] de Rohan por intermedio do conselleiro [[Gríma Lingua de Serpe]], e Théoden foi víctima durante moitos anos do feitizo do Mago, que o mantiña como un vello débil.
Na triloxía de películas de [[Peter Jackson]] sobre [[O Señor dos Aneis]] foi interpretado polo actor británico [[Christopher Lee]].

{{Ainur}}
Durante a [[Guerra do Anel]] soubo polas accións de [[Gandalf]] que o [[Anel Único]] atopábase na [[Comarca (Terra Media|Comarca]] e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na [[Terra Media]], pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós [[Hobbits]] da [[Comunidade do Anel]], sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados [[Merry]] e [[Peregrin Tuk|Pippin]]. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os [[Rohirrim]], desatando así a [[Batalla de Cornavila]].

Pero Isengard foi destruída polos [[ent]]s e os [[ucorno]]s da [[Fraga de Fangorn]], e o seu exército foi aniquilado no [[Abismo de Helm]], tamén ca axuda dos ucornos. Logo, Gandalf e os demais señores victoriosos foron a Isengard a parlamentar. Saruman todavía intentou dañalos co feitizo da súa voz, pero non o logrou. Entón, Gandalf botouno da Orde dos Istari e do Concilio, e confioulle a [[Bárbol]] a súa vixilancia.

Nembargantes Bárbol foi dalgún modo dominado polos argumentos do Mago, e finalmente deixouno libre. Derrotado e cheo de odio, Saruman intentou buscar vinganza na Comarca, dominándoa por medio de homes malvados que oprimían ós Hobbits. Pero foi vencido polos hobbits guiados por [[Frodo]], [[Sam Gamyi|Sam]], Merry e Pippin. Finalmente, no outeiro de [[Bulseiro Pechado]], el e o seu servinte Gríma Lingua de Serpe son obrigados a fuxir da Comarca. Pero Gríma de pronto reacciona ante anos de abusos e malos tratos e, tolo de ira, apuñala a Saruman. Entón intenta fuxir, pero as frechas dos Hobbits alcánzanno.

O espíritu de Saruman elévase no aire e é visto polos Hobbits. Vólvese ó Oeste, de onde viñera orixinalmente, pero desde alí sopra un vento que o doblega e difumina. Mentras, o cadáver corrómpese e pudre rapidamente, quedando só ósos.

==Na Película==
Na versión extendida da película [[O retorno do rei]], morre ó principio, no parlamento con Gandalf, apuñalado por [[Gríma Lingua de Serpe]], a quen á súa vez mata [[Legolas]]. O cadáver cae da torre de [[Orthanc]] e queda empalado nunha das súas máquinas, que á súa vez xira e o afunde na inundada [[Isengard]], caendo o seu [[Palantiri|Palantir]] á auga. Entón é cando [[Peregrin Tuk|Pippin]] o colle. Gríma mátao porque Théoden dálle a liberdade, pero Saruman denégalla e o agrede; entón polas costas apuñálao. O cadáver do conselleiro rohirrim queda na cúspide da Torre do Mago.

Na triloxía de películas de [[Peter Jackson]] sobre O Señor dos Aneis, Saruman foi interpretado polo actor británico [[Christopher Lee]].

'''Zarquino''' é o nome que dan os [[Uruk-hai]] e os habitantes de Isengard a Saruman. Durante a súa estancia na Comarca todos se refieren ó Mago así. Probablemente teña a súa orixe na palabra ''sharku'', que na lingua dos orcos significa "ancián".

[[Categoría:Maiar]]
[[Category:Mitoloxía literaria]]
[[Category:Mitoloxía literaria]]



Revisión como estaba o 4 de setembro de 2007 ás 00:42

Saruman (do inglés antigo særu man, "home hábil") é unha persoaxe creada por J. R. R. Tolkien que fai a súa aparición na novela "O Señor dos Aneis". Saruman era un dos cinco Istari (Maiar convertidos en Magos) que chegaron ós Portos Grises desde Valinor cando transcorreran mil anos da Terceira Idade do Sol. Tamén era coñecido polos elfos como Curunír ("varón de hábiles recursos"). Seica o seu nome de Maia era Curúmo.

Durante séculos tivo como propósito destruir a Sauron, o Señor Escuro, sendo elexido xefe do Concilio Blanco, pero pouco a pouco, ó estudar a historia e a ciencia dos Aneis de Poder, empezou a desexar o poder para si mesmo. Durante o tempo da Segunda Liñaxe dos reis de Rohan converteuse en suposto aliado e amigo deste pobo, e eles aceptáronno complacidos. Máis adiante o Senescal rexente de Gondor entregoulle a chave da torre de Orthanc en Isengard, que sería o seu lugar de residencia. Logo de que o Concilio Blanco finalmente expulsara a Sauron da Fraga Negra, Saruman decidiu non oír máis consello que o seu, e retirouse a Isengard, fortificándoa e convertíndoa en segredo nun lugar adicado ó mal. Conseguiu infiltrarse na corte do rei Théoden de Rohan por intermedio do conselleiro Gríma Lingua de Serpe, e Théoden foi víctima durante moitos anos do feitizo do Mago, que o mantiña como un vello débil.

Durante a Guerra do Anel soubo polas accións de Gandalf que o Anel Único atopábase na Comarca e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na Terra Media, pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós Hobbits da Comunidade do Anel, sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados Merry e Pippin. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os Rohirrim, desatando así a Batalla de Cornavila.

Pero Isengard foi destruída polos ents e os ucornos da Fraga de Fangorn, e o seu exército foi aniquilado no Abismo de Helm, tamén ca axuda dos ucornos. Logo, Gandalf e os demais señores victoriosos foron a Isengard a parlamentar. Saruman todavía intentou dañalos co feitizo da súa voz, pero non o logrou. Entón, Gandalf botouno da Orde dos Istari e do Concilio, e confioulle a Bárbol a súa vixilancia.

Nembargantes Bárbol foi dalgún modo dominado polos argumentos do Mago, e finalmente deixouno libre. Derrotado e cheo de odio, Saruman intentou buscar vinganza na Comarca, dominándoa por medio de homes malvados que oprimían ós Hobbits. Pero foi vencido polos hobbits guiados por Frodo, Sam, Merry e Pippin. Finalmente, no outeiro de Bulseiro Pechado, el e o seu servinte Gríma Lingua de Serpe son obrigados a fuxir da Comarca. Pero Gríma de pronto reacciona ante anos de abusos e malos tratos e, tolo de ira, apuñala a Saruman. Entón intenta fuxir, pero as frechas dos Hobbits alcánzanno.

O espíritu de Saruman elévase no aire e é visto polos Hobbits. Vólvese ó Oeste, de onde viñera orixinalmente, pero desde alí sopra un vento que o doblega e difumina. Mentras, o cadáver corrómpese e pudre rapidamente, quedando só ósos.

Na Película

Na versión extendida da película O retorno do rei, morre ó principio, no parlamento con Gandalf, apuñalado por Gríma Lingua de Serpe, a quen á súa vez mata Legolas. O cadáver cae da torre de Orthanc e queda empalado nunha das súas máquinas, que á súa vez xira e o afunde na inundada Isengard, caendo o seu Palantir á auga. Entón é cando Pippin o colle. Gríma mátao porque Théoden dálle a liberdade, pero Saruman denégalla e o agrede; entón polas costas apuñálao. O cadáver do conselleiro rohirrim queda na cúspide da Torre do Mago.

Na triloxía de películas de Peter Jackson sobre O Señor dos Aneis, Saruman foi interpretado polo actor británico Christopher Lee.

Zarquino é o nome que dan os Uruk-hai e os habitantes de Isengard a Saruman. Durante a súa estancia na Comarca todos se refieren ó Mago así. Probablemente teña a súa orixe na palabra sharku, que na lingua dos orcos significa "ancián".