Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 12: Liña 12:
== Obras ==
== Obras ==
=== Narrativa ===
=== Narrativa ===
* ''Dos anxos e dos mortos'', [[1977]] (reeditada en [[1991]] en [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).
* ''[[Dos anxos e dos mortos]]'', [[1977]] (reeditada en [[1991]] en [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).
* ''Loaira'', [[1992]], Galaxia.
* ''Loaira'', [[1992]], Galaxia.
* ''A sombra dos teus soños'', [[1998]], Galaxia.
* ''A sombra dos teus soños'', [[1998]], Galaxia.

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2017 ás 22:40

Anxo A. Rei Ballesteros, nado en Codeso, Boqueixón o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia[2].

Obras

Narrativa

Teatro

Ensaio

Traducións

Obras colectivas

Notas

  1. Anxo Rei Ballesteros, El País, 3/11/08
  2. Nova en Vieiros

Véxase tamén

Ligazóns externas