Pius Font i Quer: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ligazón externa
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:
* Font Quer, P. (1962). ''Plantas medicinales: el Dioscórides renovado.'' Barcelona, Lábor.
* Font Quer, P. (1962). ''Plantas medicinales: el Dioscórides renovado.'' Barcelona, Lábor.
* Font Quer, P. (1964). ''Botánica pintoresca.'' Barcelona, Ramón Sopena.
* Font Quer, P. (1964). ''Botánica pintoresca.'' Barcelona, Ramón Sopena.
* Font Quer, P. (1978). IES Pius Font i Quer. Manresa, Daniel Ruiz


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2017 ás 10:21

Pius Font i Quer, nado en Lleida en 1888 e falecido en Barcelona en 1964, foi un botánico (taxónomo e fitoxeógrafo) así como farmacéutico e químico, que destacou coma un dos nomes máis importantes da ciencia botánica catalá de mediados do século XX. Foi ademais un gran mestre e un gran divulgador. Nas súas obras en castelán aparece citado cunha versión castelanizada do seu nome: Pío Font Quer.

Biografía

Pasou a súa infancia en Manresa, onde un instituto de ensino secundario leva o seu nome. Doutorouse en Farmacia (1914) cunha tese sobre a flora do Bages. Entre outros cargos foi profesor de Farmacia e Botánica na Universidade de Barcelona e tamén foi profesor na Escola Superior de Agricultura. De 1931 a 1934 foi presidente da Institució Catalá d'Història Natural, unha organización privada moi importante na historia das Ciencias Naturais españolas, cuxa sección botánica encabezou igualmente durante o franquismo ata a súa morte.

Organizou e dirixiu o Institut Botànic de Barcelona e fundou o Jardí Botànic desta cidade.

En 1911 ingresou no corpo da sanidade militar, no que alcanzou o grao de tenente coronel farmacéutico. Cando se produciu o alzamento militar de 1936 atopábase en Albarracín en excursión botánica cos seus alumnos; para volver a Barcelona tivo que atravesar a liña da fronte, polo cal logo da guerra sufriu represalias (baixo a acusación de rebelión militar) con perda de todos os seus cargos, o que dificultou a continuidade da súa carreira científica.

Membro do Institut d'Estudis Catalans dende 1942 e vicepresidente dos Congresos Internacionais de Botánica de París (1954) e Edimburgo (1964). En 1955 a Universidade de Montpeiller concedeulle o título de Doutor Honoris Causa.

As súas investigacións abarcaron o conxunto da Península Ibérica e as rexións montañosas de Marrocos baixo control español, ás que organizou excursións de recolección entre 1927 e 1932. Destas e outras recoleccións, que lle foron confiadas dende os seus primeiros anos, derivou a magna obra Iter Maroccanum (1928-1932), unha colección de exsiccata fundamental para a investigación da flora desa parte do mundo. Traballou con asiduidad nos Países Cataláns, e deles, especialmente na parte meridional do antigo Reino de Valencia, así como en Eivissa e Formentera, así como nas serras de Andalucía Oriental.

Font i Quer participou en diversas obras colectivas e dirixiu algunhas. En particular foi un gran formador (cuxas obras tamén o eran de divulgación) da terminoloxía botánica popular e científica en linguas catalá e castelá. Neste sentido destaca o Dicionario de Botánica (1953) grazas ao cal o vocabulario desta ciencia goza en español dun grao de coherencia léxica que adoita faltarlles a outras.

Font i Quer é tamén o autor de obra castelá máis coñecida, continuamente reeditada, de flora farmacéutica, Plantas medicinales. Aparece subtitulada como El Dioscórides renovado, para honrar ás antigas revisións renacentistas da obra de Dioscórides, especialmente as de Andrés Laguna e Andrea Mattioli. É obra que destaca pola súa calidade literaria e ensaística, tanto como pola riqueza e accesibilidade da información que contén.

As especies e subespecies que foron dedicadas a Font i Quer levan o epíteto fontqueri, derivado da versión castelanizada do seu apelido.

Obras

  • Font Quer, P. and Universidad Central (Madrid). (1914). Ensayo fitotopográfico de Bages: tesis de doctorado en farmacia. Mahón, Tipografía Mahonesa.
  • Font Quer, P. (1926). Illustrationes florae occidentalis: quae ad plantas hispaniae, lusitaniae et mauritaniae, novas vele imperfecte cognitas, spectant. Barcelona, Museo de Ciencias Naturales.
  • Font Quer, P. (1953). Diccionario de botánica. Barcelona, Labor.
  • Font Quer, P. (1962). Plantas medicinales: el Dioscórides renovado. Barcelona, Lábor.
  • Font Quer, P. (1964). Botánica pintoresca. Barcelona, Ramón Sopena.
  • Font Quer, P. (1978). IES Pius Font i Quer. Manresa, Daniel Ruiz

Véxase tamén

Ligazóns externas