Dragón europeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Enuso}}
[[Ficheiro:Galician dragon (Medieval Age).jpg|miniatura|dereita|Dragón tallado en granito (século XIV). [[Castelo de Santo Antón|Museo de Santo Antón]] ([[A Coruña]], [[Galicia]]).]]
[[Ficheiro:Galician dragon (Medieval Age).jpg|miniatura|dereita|Dragón tallado en granito (século XIV). [[Castelo de Santo Antón|Museo de Santo Antón]] ([[A Coruña]], [[Galicia]]).]]
[[Ficheiro:Redondela - Festa da Coca 2010 - 01.jpg|250px|miniatura|dereita|A coca polas rúas de Redondela na [[Festa da coca de Redondela]].]]
[[Ficheiro:Redondela - Festa da Coca 2010 - 01.jpg|250px|miniatura|dereita|A coca polas rúas de Redondela na [[Festa da coca de Redondela]].]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2017 ás 13:37

Dragón tallado en granito (século XIV). Museo de Santo Antón (A Coruña, Galicia).
A coca polas rúas de Redondela na Festa da coca de Redondela.

O dragón europeo é unha criatura lendaria presente no folclore e na mitoloxía de moitas das culturas de Europa.[1]

No presente, o dragón europeo é representado como unha criatura semellante a un lagarto, de gran talle, escamoso, con cornos e que bota lume pola boca. A criatura tamén ten unhas ás de coiro semellantes ás dun morcego, catro patas e unha longa e prénsil cola. Algunhas representacións amosan ós dragóns con ás emplumadas, cristas, gadoupas ardentes, pugas de marfil que percorren o seu lombo e outros engadidos exóticos. Outras representacións non teñen patas ou presentan múltiples testas.

Nos contos populares, o sangue dun dragón a miúdo contén propiedades máxicas. Por exemplo, na ópera Siegfried, o sangue permitelle a Sigurd entender a lingua dos paxaros do bosque. O típico dragón protexe unha caverna ou castelo cheos de ouro e tesouros e, adoita estar asociado cun gran heroe que trata de matalo.

Malia ser unha criatura con ás, o dragón atópase polo xeral nun agocho subterráneo, unha cova que o sinala como unha antiga criatura da terra. É probable que os dragóns da mitoloxía europea ede Medio Oriente proveñan do culto ás cobras presente en moitas relixións en todo o mundo.

Terminoloxía

Mosaico do século III en Kaulonia (Magna Grecia, no sur de Italia).

O termo "dragón" provén da palabra latina draco, que tamén dá nome á constelación Draco, e que provén directamente do grego antigo δράκων, (drákōn).

Notas

  1. Ernest Ingersoll; et al. (2013). The Illustrated Book of Dragons and Dragon Lore. Cognoscenti Books. 

Véxase tamén

Outros artigos