Síux: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
''' |
Os '''síux''' son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Os síux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux que falaban tres variedades lingüísticas da [[lingua sioux]], que incluía o [[pobo lakota|lakota]], santee e Yankton-Yanktonai. |
||
O nome |
O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo [[ottawa (tribo)|ottawa]]: na·towe·ssiwak, "síux". |
||
== Divisións sociais == |
== Divisións sociais == |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
{{Artigo principal|Lingua sioux|Lingua lakota|Lingua dakota}} |
{{Artigo principal|Lingua sioux|Lingua lakota|Lingua dakota}} |
||
[[Ficheiro:Chief Bone Necklace-Oglala Lakota-1899 Heyn Photo.jpg|miniatura|Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da [[Reserva india de Pine Ridge]] (1899).]] |
[[Ficheiro:Chief Bone Necklace-Oglala Lakota-1899 Heyn Photo.jpg|miniatura|Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da [[Reserva india de Pine Ridge]] (1899).]] |
||
Os |
Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados: |
||
# '''[[Lingua dakota|Dakota oriental]]''' (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta) |
# '''[[Lingua dakota|Dakota oriental]]''' (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta) |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
#* Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ) |
#* Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ) |
||
#* Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna) |
#* Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna) |
||
# '''[[Lingua lakota|Lakota]]''' (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton |
# '''[[Lingua lakota|Lakota]]''' (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Síux) |
||
As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua |
As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua síux (''Lakota'', ''Dakota'' e ''Nakota'') como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes<ref name="PD">{{cita novas|last=Parks |first= D. R.|autor2=DeMallie, R. J.|year=1992|título=Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification |journal=Anthropological Linguistics |volume= 34|issue= 1–4 }}</ref> amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo ''Nakhóta'', senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (''Dakȟóta''). |
||
Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o |
Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o síux a terceira lingua. O síux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como ''Nakhóta'' ou ''Nakhóda''. |
||
O termo ''Dakota'' ten sido polos [[antropoloxía|antropoloxistas]] e membros do goberno para referirse a tódolos grupos |
O termo ''Dakota'' ten sido polos [[antropoloxía|antropoloxistas]] e membros do goberno para referirse a tódolos grupos síux, dando como resultado nomes como ''Teton Dakota'', ''Santee Dakota'' etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra Ottawa ''Síux''. |
||
== Activismo no século XX == |
== Activismo no século XX == |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
|||
{{Commons|Category:Sioux}} |
|||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Protestas polo oleoduto Dakota Access]] |
* [[Protestas polo oleoduto Dakota Access]] |
Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2017 ás 17:26
Os síux son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os Estados Unidos. Os síux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux que falaban tres variedades lingüísticas da lingua sioux, que incluía o lakota, santee e Yankton-Yanktonai.
O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo ottawa: na·towe·ssiwak, "síux".
Divisións sociais
Santee
Os Santee (tamén coñecidos como Dakota) migraron ao norte e ao oeste desde o sur e o leste de Ohio até Minnesota. Os Santee vivían nos bosques cazando, pescando e con agricultura de subsistencia.
Lakota
- Artigo principal: Pobo lakota.
Lingüística
- Artigos principais: Lingua sioux, Lingua lakota e Lingua dakota.
Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:
- Dakota oriental (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta)
- Santee (Isáŋyáthi: Bdewákhathuŋwaŋ, Waȟpékhute)
- Sisseton (Sisíthuŋwaŋ, Waȟpéthuŋwaŋ)
- Dakota occidental (tamén Yankton-Yanktonai ou Dakȟóta)
- Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ)
- Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna)
- Lakota (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Síux)
As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua síux (Lakota, Dakota e Nakota) como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes[1] amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo Nakhóta, senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (Dakȟóta).
Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o síux a terceira lingua. O síux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como Nakhóta ou Nakhóda.
O termo Dakota ten sido polos antropoloxistas e membros do goberno para referirse a tódolos grupos síux, dando como resultado nomes como Teton Dakota, Santee Dakota etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra Ottawa Síux.
Activismo no século XX
Incidente de Wounded Knee
- Artigo principal: Incidente de Wounded Knee.
Durante os anos 1960, mozos nativos americanos comezaron a axitarse para acadar mellores condicións sociais, facer respectar os seus dereitos civís, e conseguir programas de desenvolvemento económico e de educación. Entre as numerosas protestas, organizouse a ocupación da illa de Alcatraz, en California.
O incidente de Wounded Knee comezou o 27 de febreiro de 1973, cando a vila de Wounded Knee, Dacota do Sur foi tomado polos seguidores do American Indian Movement. O sitio escollido debeuse ó gran valor simbólico do lugar, xa que foi alí onde se produciu o Masacre de Wounded Knee en 1890. Os ocupantes controlaron a vila durante 71 días mentres eran sitiados por varias axencias da orde como o FBI e os Marshals. Dous membros do A.I.M. morreron por disparos durante o incidente.
República de Lakota
- Artigo principal: República de Lakota.
A Delegación da liberdade Lakota, un grupo de activistas nativos americanos, declarou o 19 de decembro de 2007 que os lakota que se retiraban tódolos tratados asinados cos Estados Unidos para poder recuperar a soberanía da súa nación. Un dos activistas, Russell Means, declarou esta acción como legal aludindo á lei natural, internacional e estadounidense.[2] O grupo considera ós lakota como unha nación soberana, malia que o estado non ten recoñecemento diplomático. As fronteiras propostas reclaman miles de quilómetros cadrados de Dacota do Norte e do Sur, Wyoming, Nebrasca e Montana.[3]
Notas
- ↑ Parks, D. R.; DeMallie, R. J. (1992). "Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification". Anthropological Linguistics 34 (1–4).
- ↑ Descendentes de Touro Sentado e Cabalo Tolo independízanse de USA, Agence France-Presse news
- ↑ Bill Harlan (21 de decembro de 2007). "Lakota group secedes from U.S.". Rapid City Journal. Consultado o 2007-12-28.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Síux |