Canzorro: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro5.JPG|miniatura|dereita|250px|Canzorro da [[igrexa de San Pedro de Ansemil]]]] |
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro5.JPG|miniatura|dereita|250px|Canzorro da [[igrexa de San Pedro de Ansemil]]]] |
||
En [[arquitectura]], denomínase '''canzorro''' á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a [[cornixa]] ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza |
En [[arquitectura]], denomínase '''canzorro''' á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a [[cornixa]] ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza sen apoio inferior -de calquera material- que soporta os extremos dunha [[cuberta]] ou un [[lintel]]. |
||
Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a [[cornixa]] aproveitando a propia [[viga]] que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans. |

Revisión como estaba o 12 de maio de 2016 ás 10:51
En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza sen apoio inferior -de calquera material- que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.
Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.
Tamén pode recibir o nome de modillón, ou o máis xenérico de ménsula cando non coincide co extremo dunha trabe.
En Galicia, na arquitectura románica foi moi utilizado sendo un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas.