Robert Wise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Obra: Título galego
Liña 10: Liña 10:
* ''[[A maldición da muller pantera]]'' (1944)
* ''[[A maldición da muller pantera]]'' (1944)
* ''[[Mademoiselle Fifi]]'' (1944)
* ''[[Mademoiselle Fifi]]'' (1944)
* ''[[The Body Snatcher]]'' (1945)
* ''[[O ladrón de cadáveres]]'' (1945)
* ''A Game of Death'' (1945)
* ''A Game of Death'' (1945)
* ''Criminal Court'' (1946)
* ''Criminal Court'' (1946)

Revisión como estaba o 24 de abril de 2016 ás 17:12

Robert Wise en 1990.

Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Cidadán Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo o director orixinal dun filme de terror, A maldición da muller pantera, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Obra

Véxase tamén

Ligazóns externas