Rosende, Sober: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
coordenadas e mapa
Liña 1: Liña 1:
{{outroshomónimos|Rosende}}
{{outroshomónimos|Rosende}}
{{Coordenadas|42.45953|-7.61702|display=title}}
{{Parroquia
{{Parroquia
|nome = Rosende
|nome = Rosende
|imaxe = Iglesia de Rosende (Sober).JPG
|imaxe = Iglesia de Rosende (Sober).JPG
|lenda = Igrexa parroquial
|lenda = Igrexa parroquial
|mapa =
|mapa = Rosende Sober Lugo.svg
|concello = Sober
|concello = Sober
|superficie = 2,76
|superficie = 2,76

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2015 ás 22:09

Coordenadas: 42°27′34″N 7°37′01″O / 42.45953, -7.61702

Rosende
Igrexa parroquial
ConcelloSober
Coordenadas42°27′34″N 7°37′01″O / 42.45953, -7.61702Coordenadas: 42°27′34″N 7°37′01″O / 42.45953, -7.61702{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área2,76 km²
Poboación105 hab. (2007)
Densidade38,04 hab./km²
Entidades de poboación21
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Rosende é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 105 habitantes.

Atópase a 3 km ao oeste da vila de Sober, a uns 673 m de altura, na beira esquerda do río Cabe.

Economía

O sector primario, dedicado á gandeiría bovina criada para consumo e a cría porcina, xunto coa agricultura orientada ao cultivo da vide, son as fontes de ocupación da poboación. En Rosende hai unha adega destinada a elaborar viños mencía e godello, incluídos no consello da denominación de Orixe Ribeira Sacra e clasificados na subzona regulada da ribeira do Miño.

Outras actividades do sector dos servizos están asociadas á Escola de Hostelería da Fundación Belarmino Fernández, no pazo de Ribas, ou á Casa Grande de Rosende, establecemento de turismo rural integrado na rede Pazos de Galicia.

Patrimonio

A igrexa parroquial foi reconstruída en diversas ocasións. O edificio orixinal pertencía ao mosteiro de San Miguel de Rosende, da orde de San Bieito e existente polo menos desde 1246, dependente como priorato do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Do primitivo edificio consérvanse restos románicos decorativos na torre campanario, mentres que o anexo do antigo priorato presenta unha balconada de estilo señorial. No interior gárdase un interesante retablo maior de estilo rococó con dúas alturas.

A casa grande de Rosende, tamén coñecida A Casa das Señoritas, é un pazo que data do ano 1511. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

As festas patronais celébranse o último sábado de setembro. Tamén son populares as festas da Virxe do Carme.

Lugares e parroquias

Lugares de Rosende

Lugares da parroquia de Rosende no concello de Sober (Lugo)

A Airexa | Albarán | Areas | O Areeiro | Calvos | O Campo de Naz | A Cavadiña | O Celeirón | O Cotorulo | Os Ferreiros | Fondo de Vila | A Lama do Outeiro | A Lama do Sobrado | A Lama dos Campos | Naz de Abaixo | Naz de Arriba | Outeiro | Pesqueiras | Ribas | Rosende | O Viñal

Parroquias de Sober

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas