Centro Hípico Casas Novas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:


== Polémica por discriminación lingüística ==
== Polémica por discriminación lingüística ==
En xullo de 2015 o centro foi denunciado perante a [[Mesa pola Normalización Lingüística]] por discriminación, debido a ataques recibidos por unha nena de 10 anos e a vulneración dos dereitos lingüísticos da mesma por falar en galego durante a celebración dun campamento hípico.<ref>http://www.amesa.gal/o-centro-hipico-casas-novas-de-arteixo-humilla-unha-nena-de-dez-anos-por-falar-en-galego/</ref><ref>http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/pide-mina-nena-non-humille-ninguen-mais-casas-novas-falar-galego/20150728150156039567.html</ref><ref>[http://www.amesa.gal/o-centro-hipico-casas-novas-de-arteixo-humilla-unha-nena-de-dez-anos-por-falar-en-galego/# "O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego"], artigo na web da Mesa pola Normalización Lingüística, 27 de xullo de 2015.</ref>
En xullo de 2015 o centro foi denunciado perante a [[Mesa pola Normalización Lingüística]] por discriminación, debido a ataques recibidos por unha nena de 10 anos e a vulneración dos dereitos lingüísticos da mesma por falar en galego durante a celebración dun campamento hípico.<ref>[http://www.amesa.gal/o-centro-hipico-casas-novas-de-arteixo-humilla-unha-nena-de-dez-anos-por-falar-en-galego/# "O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego"], artigo na web da Mesa pola Normalización Lingüística, 27 de xullo de 2015.</ref><ref>[http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/pide-mina-nena-non-humille-ninguen-mais-casas-novas-falar-galego/20150728150156039567.html“O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”], entrevista en ''Sermos Galiza'', 28 de xullo de 2015.</ref>


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2015 ás 01:39

Coordenadas: 43°16′18″N 08°32′27″O / 43.27167, -8.54083

CSI A Coruña 2009 celebrado no Centro Hípico Casas Novas.

O Centro Hípico Casas Novas é un recinto adicado á práctica de deportes ecuestres e ó coidado de cabalos, situado na parroquia de Larín (Arteixo). Comezou as súas actividades en agosto de 2000, por iniciativa do empresario local Amancio Ortega.

Características

Casas Novas é unha entidade que está homologada pola Federación Hípica Española cunha categoría de 4 estribos (a máxima posible, nun rango que vai de 1 a 4), sendo o único centro ecuestre en Galicia que acada ese recoñecemento.

O centro ten unha superficie duns 71.000 m, cunhas modernas instalacións que inclúen 60 cortes, 180 boxes para cabalos de competición, unha pista exterior de concurso, unha pista exterior de quentamento, o picadeiro principal cuberto, con cafetería e salón, un picadeiro cuberto mais pequeno para ponis, outro picadeiro cuberto para a escola de equitación, un campo exterior de galope de 500 metros, ximnasio, almacén e celeiro.

Concurso de Saltos Internacional (CSI)

O centro organizou o seu primeiro CSI no mes de decembro do ano 2000. A sona e o prestixio do centro e do concurso medraron rapidamente, e Casas Novas converteuse nun referente internacional, de xeito que no ano 2004 o evento se converteu nun concurso de 5 estrelas, a máxima categoría que outorga a Federación Ecuestre Internacional. O concurso abrangue 3 xornadas de saltos, celébrase na pista principal cuberta ante centos de espectadores e retransmitido por varias televisións de todo o mundo.

Polémica por discriminación lingüística

En xullo de 2015 o centro foi denunciado perante a Mesa pola Normalización Lingüística por discriminación, debido a ataques recibidos por unha nena de 10 anos e a vulneración dos dereitos lingüísticos da mesma por falar en galego durante a celebración dun campamento hípico.[1][2]

Notas

  1. "O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego", artigo na web da Mesa pola Normalización Lingüística, 27 de xullo de 2015.
  2. que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”, entrevista en Sermos Galiza, 28 de xullo de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas