Roque de Montpellier: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 13: | Liña 13: | ||
É o patrón de moitas parroquias galegas. |
É o patrón de moitas parroquias galegas. |
||
En [[Betanzos]] celébranse a [[romaría dos Caneiros]], e o día 16, nas [[festas de San Roque de Betanzos]], lánzase o globo de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila. |
En [[Betanzos]] celébranse a [[romaría dos Caneiros]], e o día 16, nas [[festas de San Roque de Betanzos]], lánzase o [[Globo de Betanzos|globo]] de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila. |
||
Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de [[Vigo]] e en [[Carballedo, Cotobade|Carballedo]] ([[Cotobade]]). |
Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de [[Vigo]] e en [[Carballedo, Cotobade|Carballedo]] ([[Cotobade]]). |
Revisión como estaba o 19 de maio de 2015 ás 16:17
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.
Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara o mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.
O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.
Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.
Tradicións de culto
É o patrón de moitas parroquias galegas.
En Betanzos celébranse a romaría dos Caneiros, e o día 16, nas festas de San Roque de Betanzos, lánzase o globo de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila.
Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de Vigo e en Carballedo (Cotobade).
En Llanes é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.
Galería de imaxes
-
San Roque no Mosteiro de Santa María de Oia
Bibliografía
- Brugada, M.: San Roque. Editorial Centro de Pastoral Litúrgica, Barcelona 2000, Colección Santos y Santas n. 44.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roque de Montpellier |