Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética |
m engado a Categoría:Condes mediante HotCat |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
||
[[Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela]] |
[[Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela]] |
||
[[Categoría:Condes]] |
Revisión como estaba o 10 de maio de 2015 ás 14:31
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1888 A Coruña, Galiza |
Morte | 14 de marzo de 1971 A Coruña |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 16 de febreiro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958 Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Superior de Comercio da Coruña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Empresario |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Conde (1955–) |
Cónxuxe | Carmela Arias |
Pai | Pedro Barrié Pastor |
Parentes | Juan Francisco Barrié d'Abadie (avó) |
Premios | |
Notes |
Pedro Barrié de la Maza, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido o 14 de marzo de 1971, conde de Fenosa, foi un empresario galego.
Traxectoria
Fillo de Pedro Barrié Pastor, herdeiro do Banco Pastor. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en 1915 foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en 1919, quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, Ricardo Rodríguez Pastor. En 1925 produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse Banco Pastor. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En 1939 faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a Guerra Civil Española, motivo polo cal Franco concedeulle importantes privilexios.
Desde 1939 ata 1971 dirixiu o principal banco de Galicia (Banco Pastor) e creou en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), hoxe Gas Natural Fenosa, participando así no desenvolvemento económico de Galicia.
Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.
Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA etc.
En 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como poden ser a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia ou a Gran Cruz do Mérito Civil.
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no Banco Pastor[1]. Segundo relata o libro Grandes Empresas, grandes historias de Galicia (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
En 1966 creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor hoxe absorbido por Banco Popular
Vida persoal
Estivo casado con Carmela Arias y Díaz de Rábago.
Notas
- ↑ "Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña". ACB. 30 de decembro de 1958. Consultado o 10 de decembro de 2012.