Karkkila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 49: Liña 49:
id:sfondo value:rgb(1,1,0.9)
id:sfondo value:rgb(1,1,0.9)
id:barra value:rgb(0.6,0.7,0.9)
id:barra value:rgb(0.6,0.7,0.9)
ImageSize = width:580 height:300
ImageSize = width:580 height:300
PlotArea = left: 60 bottom: 30 top: 20 right: 20
PlotArea = left: 60 bottom: 30 top: 20 right: 20
DateFormat = x.y
DateFormat = x.y
Period = from:0 till:10000
Period = from:0 till:10000
TimeAxis = orientation:vertical
TimeAxis = orientation:vertical
AlignBars = late
AlignBars = late
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:2000 start:0
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:2000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:1000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:1000 start:0
Liña 104: Liña 104:


== Notas ==
== Notas ==
{{referencias}}
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2015 ás 17:35

Coordenadas: 60°32′00″N 24°13′00″L / 60.53333, -24.21667 Modelo:Cidade Karkkila (en finlandés) ou Högfors (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.

Xeografía

A paisaxe é accidentada, formada polas glaciacións. A altitude mínima do concello está situada a 80 metros sobre o nivel do mar, mentres que o máis alto é o outeiro Loukkumäki, que cos seus 174 metros é o punto máis elevado da rexión de Uusimaa.

Está situada a 66 km da capital finlandesa, Helsinki, á cal está unida pola valtatie 2 (nacional 2). O número de habitantes que se desprazan diariamente ao traballo é aínda baixo, mais está a experimentar un notable ascenso. Por outra banda, a valtatie 2 continúa ata Pori (situada a 178 km) pasando por Forssa (a 48 km).

Limita cos concellos de Vihti ao sur e ao leste, Nummi-Pusula ao suroeste, con Tammela (na rexión de Tavastia Propia) ao noroeste, e con Loppi ao norte.

Poboación

Segundo o censo de 2013, Karkkila ten unha poboación de 9.125 habitantes. Dende a metade dos anos '90 o concello está a experimentar un constante ascenso demográfico, despois do descenso de poboación que sufriu durante a crise económica de principios dos anos '90 do século XX:

Lähde: Tilastokeskus[1]

Núcleos de poboación

Ahmoo, Alimmainen, Haavisto, Järvenpää, Karkkila, Nyhkälälä, Siikala, Tuorila, Vaskijärvi, Vattola e Vuotinainen.

Historia

A zona na que se localiza o concello de Karkkila estaba escasamente poboada antes do descubrimento das minas de ferro de Rautamäki a principios do século XIX. A explotación destas minas lebou á instalación dunha fundición cercana, nun lugar chamado Högfors, en 1822. As décadas seguintes viron o desenvolvemento dunha cidade industrial en miniatura, máis rica que as comunas agrícolas veciñas, e a cidade conserva aínda hoxe unha tradición industrial. A poboación fíxose independente baixo o nome de Pyhäjärvi Uudenmaan lääni (Pyhäjärvi de Uusimaa) en 1869, e posteriormente fundouse Karkkila en 1932 a partir desta poboación rural, entes de converterse en cidade en 1977.

As industrias sufriron unha grande crise durante 1993, a cidade viu entón medrar a súa taxa de desemprego e diminuir a súa poboación. Hoxe en día, a súa relativa proximidade a Helsinki permitiulle gañar poboación.

Política

No plano político, os partidos de esquerda dominan o debate político, máis particularmente a Vasemmistoliitto (Alianza de Esquerda), o antigo partido comunista, caso extraño hoxe en día en Finlandia. As últimas eleccións municipais deixaron a seguinte composición na cámara municipal:

Lingua

O concello é unilingüe en finlandés:[2]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas