Ramón Sampedro: Diferenzas entre revisións
+foto |
m (GR) File renamed: File:Placa homenaxe a Sampedo en As Furnas 2.JPG → File:Placa homenaje a Sampedro en As Furnas 2.jpg File renaming criterion #5: Correct obvious errors in file names (e.g. incorrec... |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía |
{{Biografía |
||
|nome = Ramón Sampedro |
|nome = Ramón Sampedro |
||
|imaxe = Placa |
|imaxe = Placa homenaje a Sampedro en As Furnas 2.jpg |
||
|imaxe_tamaño = 200px |
|imaxe_tamaño = 200px |
||
|descrición = Monumento homenaxe a Sampedro en As Furnas. |
|descrición = Monumento homenaxe a Sampedro en As Furnas. |
Revisión como estaba o 10 de marzo de 2015 ás 10:17
Monumento homenaxe a Sampedro en As Furnas. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ramón Sampedro Cameán 5 de xaneiro de 1943 Xuño, Porto do Son, Galicia |
Morte | 12 de xaneiro de 1998 (55 anos) Boiro, Galicia |
Causa da morte | suicídio assistido, Intoxicación por cianuro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Suicídio assistido (pt) |
Ocupación | Mariñeiro e escritor |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón Sampedro, nado na parroquia de Xuño o 5 de xaneiro de 1943 e finado en Boiro o 12 de xaneiro de 1998, foi un mariñeiro, escritor galego e defensor da eutanasia.
Traxectoria
Con 19 anos enrolouse na mariña mercante como mécanico co obxectivo de coñecer mundo. Aos 25 anos, o 23 de agosto de 1968 un accidente na praia das Furnas, en Porto do Son, déixao tetrapléxico, sen poderse mover de pescozo para abaixo. Decidido a morrer, pero impedido fisicamente para suicidarse, emprende unha loita legal polo dereito a exercer a eutanasia. Co código penal español, a eutanasia activa, é dicir, a axuda a morrer a unha persoa que ten vontade de facelo pero que non pode facelo en por si, está castigada pola lei e considerada homicidio.
Esta loita legal non deu os froitos agardados, malia a repercusión dos medios do caso, pois chegou tanto á xustiza española como a unha comisión europea en Estrasburgo. O seu caso apareceu nos xornais de todo o mundo.
En xaneiro de 1998, e logo de vinte e nove anos sen poder moverse, leva a cabo un plan para acabar coa súa vida, coa axuda de diversas persoas. Envelénase con cianuro potásico e filma os seus últimos momentos e a súa morte cunha cámara de vídeo, para exculpar esas persoas. A xornalista Ramona Maneiro foi acusada de achegarlle o vaso co veleno, pero foi absolta por falta de probas. Anos máis tarde, cando o delito xa prescribira, Maneiro recoñeceu que fora ela quen o asistira no suicidio.
Obra
Escribiu dous libros: Cartas desde el infierno (1996) onde agrupou os seus escritos ata ese momento e, xa postumamente, o poemario Cando eu caia (1998).
- Cartas desde el infierno (Planeta, 1996)
- Cando eu caia (Edicións Xerais, 1998)
Cine
- Condenado a vivir é un telefilme realizado para a TVG en 1999 que leva á ficción a historia de Ramón Sampedro. O actor encargado de dar vida ó tetrapléxico coruñés é Ernesto Chao.
- No 2004, Alejandro Amenábar levou as súas vicisitudes ao cine con Mar adentro, filme que recibiu gran cantidade de premios, entre os que destacou un Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa. O papel de Ramón Sampedro interpretouno Javier Bardem.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Live and Let Die, na revista TIME. (en inglés)