Ramona Maneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamona Maneiro
Biografía
Nacemento(es) Ramona Maneiro Castro Editar o valor em Wikidata
1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramona Maneiro Castro[1], nada na Pobra do Caramiñal en 1961, é unha activista a prol da morte digna e a eutanasia.[2][3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramona Maneiro saltou á fama debido á súa relación sentimental con Ramón Sampedro, un mariño e escritor galego, tetrapléxico desde os 25 anos. Debido á súa situación e tras anos de vivir prostrado nunha cama, Sampedro decidiu acabar coa súa vida. Para poder suicidarse necesitaba axuda e asistencia, xa que a súa condición de tetrapléxico lle impedía facelo en por si. Mais isto podería carrexar problemas legais aos seus asistentes, xa que poderían incorrer en delito segundo a lexislación vixente española. Para solucionalo e dar a coñecer o seu problema, Sampedro desenvolveu unha intensa actividade a favor da eutanasia, tanto a través dos medios de comunicación como xudicialmente.

Na súa longa loita polo dereito a unha morte digna, Sampedro estivo apoiado por diferentes colectivos favorábeis á despenalización de eutanasia. Finalmente, Ramón morreu na súa casa de Boiro o 12 de xaneiro de 1998 por envelenamento de cianuro potásico, axudado pola súa amiga Ramona Maneiro. Esta foi detida días despois, mais non foi xulgada por falta de probas.

Autoinculpación[editar | editar a fonte]

Sete anos despois, unha vez que o delito prescribiu, Ramona admitiu en televisión[6] facilitarlle a Ramón o acceso ao veleno que lle causou a morte e gravar o vídeo onde este pronunciu as súas últimas palabras.[7][8] Tras as súas declaracións, o fiscal pediu reabrir o caso de Ramón Sampedro.[9]

Prescribe o delito de Ramona Maneiro[editar | editar a fonte]

Segundo o portavoz do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Enrique López, as confesións de Maneiro puideron derivar nunha investigación, e mesmo ser axuizada, mais «en ningún caso condenada».[9] En España, o prazo para a prescrición do delito é de cinco anos se a pena que se impuxo fose de máis de tres e menos de cinco anos de cárcere. O período comeza a contar o día do sobresemento da causa, o 12 de novembro de 1999. Por iso, Ramona Maneiro é libre desde o 12 de novembro de 2004.[9][10]

Polémica coa familia de Ramón Sampedro[editar | editar a fonte]

A familia de Sampedro sempre estivo en contra da decisión deste de pór fin á súa vida. Tamén acusou a Ramona Maneiro de asasinato.[11]

Obras que recollen os acontecementos[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Ramón Sampedro, Cartas desde el infierno Ed. Planeta. 1996
  • Ramona Maneiro, Querido Ramón. Un testimonio de amor, Ed. Temas de Hoy (Planeta). 2005

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros attigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]