Diferenzas entre revisións de «Aceite de colza»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
mSem resumo de edição
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
O destino da produción, referida a este último ano, foi principalmente para alimentación animal (10.238 toneladas) e a fabricación de aceite (7.111 toneladas).
 
== Composición e usos ==
[[Ficheiro:Erucic acid.png|300px|miniatura|Fórmula desenvolvida do ácido erúcico.]]
A característica principal do aceite de colza é o seu elevado contido en [[ácido erúcico]], 41-52%, un [[ácido graxo]] [[omega-9]] monoinsaturado de fórmula CH<sub>3</sub>(CH<sub>2</sub>)<sub>7</sub>CH=CH(CH<sub>2</sub>)<sub>11</sub>COOH, notado como 22:1 n-9. Tamén se denomina ácido cis-13-docosenoico.
O uso industrial do aceite de colza implica diferenzas de trato nos controis [[aduana|aduaneiros]] e nos aranceis a pagar nas importacións, polo que se obrigou a engadir [[aceite de ricino]] como [[desnaturalización|desnaturalizante]] no que se importara para uso industrial ou, desde 1973, anilina ou nafténicos.
 
== Canola ==
[[Ficheiro:Alkido KWS Raps.JPG|miniatura|300px|Plantación de canola en flor, en Alemaña]]
A principios dos anos [[1970]] desenvolvéronse variedades de colza con baixos contidos en ácido erúcico, especialmente en Canadá onde se obtivo a variedade chamada ''canola'' que contén só entre o 1 e o 3% de ácido erúcico. Posteriormente desenvolvéronse novas variedades, chamadas ''alto oleico'', nas que o nivel do erúcico se reducía a valores menores do 1%.
Outra vantaxe adicional desta variedade é que presenta, simultaneamente, niveis moi baixos de glucosinolatos na fariña, o que permite utilizar sen problemas a fariña de colza na formulación de [[penso]]s compostos para o [[gando]], sen os problemas que representaban os glucosinolatos na alimentación animal.
 
''Canola'' é unha marca rexistrada, desenvolvida polos científicos canadenses Baldur Stefansson e Richard Downey, entre os anos 1958 e 1974, e a empresa Canola Council of Canada. Segundo esta interpretación, o nome ''Canola'' non é un acrónimo senón que significaría ''aceite de Canadá'', para diferencialo do aceite de colza que non cumpre os criterios regulamentarios de Canola Council of Canada, que debe designarse simplemente ''aceite de colza''.
 
A segunda interpretación fai vi-lo nome do acrónimo formado polas primeiras letras de '''CAN'''adian '''O'''il '''L'''ow '''A'''cid, é dicir, aceite canadense baixo en ácido.
Por mecanismos semellantes, tamén se lle coñece como ''LEAR oil'', acrónimo de '''L'''ow '''E'''rucic '''A'''cid '''R'''apeseed (Semente de colza baixo en ácido erúcico).
 
== Características do aceite de colza ==
[[Ficheiro:CanolaOil bottle.jpg|miniatura|150px|Botella de aceite de canola]]
O aceite de colza é moi [[ácido graxo insaturado|insaturado]] e, por conseguinte, facilmente oxidable, polo que na indistria alimentaria adoita procederse á súa hidroxenación para evita-lo [[enranciamento]].
Na cociña, desprende olores desagradables.
 
== Rexeitamento do aceite de colza en España ==
{{APArtigo principal|Síndrome do aceite tóxico}}
En [[España]], consérvase na memoria colectiva a implicación do aceite de colza na intoxicación masiva que tivo lugar en [[1981]] e que afectou máis de 20.000 persoas, causando a morte de entre 1.000 e 5.000 enfermos. Por este motivo, no noso país, non se utiliza como tal para uso alimentario. Cómpre advertir que a intoxicación non se debeu a ningún dos compoñentes propios deste aceite, senón a unha manobra fraudulenta de desviar para o consumo humano un aceite de colza destinado á industria siderúrxica, para o que fora desnaturalizado con [[anilina]]s.
 
Antes destes feitos si que se consumía, aínda que nunca foi moi popular, excepto en [[Canarias]], onde se consumía en maiores proporcións.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{wiktionary|aceite de colza}}
=== Bibliografía ===
* Miguel Calvo: ''Principales grasas comestibles'' [http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/lipidos/vegcomunes.html] (consultado o 3.09.2011) {{es}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.canola-council.org/ The Canola Council of Canada] {{en}}
* [http://www.consumer.es/web/es/alimentacion/tendencias/2008/10/30/181101.php ''Aceite de canola, incipiente ingrediente alimentario''] (Consumer.es. 30.10.2008) {{es}}
393.002

edicións

Menú de navegación