Biodegradabilidade
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
A biodegradabilidade é a característica dalgunhas substancias químicas de poder ser utilizadas como substrato por microorganismos, que as empregan para producir enerxía (respiración celular) e crear outras substancias como aminoácidos, novos tecidos e novos organismos.
A biodegradación pode empregarse na eliminación de certos contaminantes como os refugallos orgánicos urbanos, papel, hidrocarburos etc. Non obstante en vertidos que presenten materia biodegradable estes tratamentos poden non ser efectivos se nos encontramos con outras substancias como metais pesados, ou se o medio ten un pH extremo. Nestes casos faise necesario un tratamento previo que deixe o vertido nunhas condicións nas cales as bacterias poidan realizar a súa función a unha velocidade aceptable.
A degradación destes compostos pode producirse por dúas vías, degradación aerobia e degradación anaerobia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biodegradabilidade ![]() |