Diferenzas entre revisións de «Positivismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
De todas formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro dos marxes dun cientificismo extremo. Baixo a influencia deste último e a do austríaco [[Ludwig Wittgenstein]] (1889-1951), o positivismo cientificista transformase no século XX dando lugar ó '''[[Neopositivismo]]'''. O manifesto fundacional deste publicouse en 1929 co nome de '''''Wissenschaftliche Weltauffassung: Der Wiener Kreis''''' (''Concepción científica do mundo: Círculo de Viena''). Este caracterizase por presentar un enfoque da metodoloxia científica elaborado de forma precisa por medio da [[lóxica]] formal, así como por intentar reducir toda investigación científica ó método e linguaxe da [[física]] (''fisicalismo''). A través deste programa filosófico e científico o Neopositivismo contribuíu a impulsar notablemente a [[Filosofía da Ciencia]] durante o século XX.
 
En '''[[Dereito]]''', denomínase [[positivismo xurídico]] á ciencia xurídica que só admite a existencia de ''leis positivas''. Consisten unicamente en convencións humanas excluíndo que haxa outras leis de maior rango, ben de caractercarácter natural ou ben de caractercarácter teolóxico.
 
'''Algunhas obras importantes do positivismo'''
Usuario anónimo

Menú de navegación