Parlamento Europeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Europäisches Parlament" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[File:14-02-04-Parlement-européen-Strasbourg-RalfR-046.jpg|thumb]]
O '''Parlamento Europeo''' é a institución [[parlamento|parlamentaria]] da [[Unión Europea]]. Elixido por un período de 5 anos por sufraxio universal directo polos cidadáns dos estados membros, o [[Parlamento]] Europeo é a expresión democrática de 450 millóns de cidadáns europeos. Constitúe así a Asemblea elixida nos termos dos Tratados, do Acto do [[20 de setembro]] de [[1976]]. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendenzas políticas existentes nos países membros. O parlamento ten a súa sede na cidade de [[Estrasburgo]], en [[Francia]].
O '''Parlamento Europeo''' é a institución [[parlamento|parlamentaria]] da [[Unión Europea]]. Elixido por un período de 5 anos por sufraxio universal directo polos cidadáns dos estados membros, o [[Parlamento]] Europeo é a expresión democrática de 450 millóns de cidadáns europeos. Constitúe así a Asemblea elixida nos termos dos Tratados, do Acto do [[20 de setembro]] de [[1976]]. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendenzas políticas existentes nos países membros. O parlamento ten a súa sede na cidade de [[Estrasburgo]], en [[Francia]].



Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2014 ás 22:29

Ficheiro:14-02-04-Parlement-européen-Strasbourg-RalfR-046.jpg

O Parlamento Europeo é a institución parlamentaria da Unión Europea. Elixido por un período de 5 anos por sufraxio universal directo polos cidadáns dos estados membros, o Parlamento Europeo é a expresión democrática de 450 millóns de cidadáns europeos. Constitúe así a Asemblea elixida nos termos dos Tratados, do Acto do 20 de setembro de 1976. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendenzas políticas existentes nos países membros. O parlamento ten a súa sede na cidade de Estrasburgo, en Francia.

O presidente do Parlamento Europeo é Jerzy Buzek.

Composición

Artigo sobre as eleccións europeas


O Parlamento Europeo representa a máis de 450 millóns de cidadáns da Unión Europea. Os seus membros son coñecidos como Membros do Parlamento Europeo (MEPs nas súas siglas en inglés). Na actualidade hai 732 MEPs que son renovados cada 5 anos por sufraxio universal. Non existe un sistema uniforme para a eleción dos MEPs, cada estado membro elíxeos do xeito que cren axeitado aínda que todos empregan sistemas semellantes de representación proporciónal.

A asignación de asentos para cada estado membro baséase na proporcionalidade decrecente en función da poboación pero ofrecendo ós estados pequenos un maior número de representantes dos que lles corresponderían pola súa poboación. Debido a que o número de MEPs asignados a cada país foi negociado mediante tratados non hai ningunha fórmula para calcular o número de asentos para cada estado.

No 2004, o número de asentos do Parlamento Europeo aumentou temporalmente ata os 788 asentos para acolleren ós representantes dos novos estados membros unidos á UE o 1 de maio do mesmo ano. Actualmente o número é de 785.

Representación
Estado *      Estado *
Alemaña Alemaña 99 Austria 18
Francia 78 Bulgaria 18
Italia 78 Finlandia 14
Reino Unido1 78 Dinamarca 14
España 54 Eslovaquia 14
Polonia 54 Irlanda 13
Romanía 35 Lituania Lituania 13
Países Baixos 27 Letonia 9
Bélxica Bélxica 24 Eslovenia 7
República Checa República Checa 24 Chipre 6
Grecia 24 Estonia 6
Hungría 24 Luxemburgo Luxemburgo 6
Portugal 24 Malta 5
Suecia 19 Total: 785

A proporción de mulleres MEPs elixidas no 2004 era dun 30,2%, en 1979 era só o 16,5%.

Poderes e funcións

Nin o Parlamento Europeo nin o Consello de Ministros posúen iniciativa lexislativa. Este papel queda reservado para a Comisión Europea. Non obstante, as propostas de lei e as directivas da Comisión teñen que ser aprobadas polo Parlamento e polo Consello para poderen entrar en vigor.

O Parlamento ten o poder de arranxar e bloquear as iniciativas lexislativas naquelas áreas nas que ten competencia de codecisión. Nalgunhas áreas pode aceptar ou vetar as propostas da Comisión e noutras só ten poder consultivo.

O Presidente da Comisión Europea é elixido polo Consello Europeo, aínda que ten que ser ratificado polo Parlamento. O resto dos comisarios tamén teñen que ser ratificados polo Parlamento quen acepta ou rexeita á Comisión presentada polo Presidente da Comisión Europea en bloque.

O Parlamento Europeo exerce unha función de supervision democrática sobre as actividades da UE e en especial sobre aquelas que leva a termo a Comisión Europea. O Parlamento ten o poder de presentar unha moción de censura á Comisión. Neste caso a moción ten que ser secundada por unha maioría de dous terzos para ser aprobada.

Localización

O Parlamento Europeo ten a súa base en tres cidades diferentes. O protocolo do Tratado de Amsterdam require que haxa sesións mensuais na cidade de Estrasburgo, onde está a sede oficial do Parlamento, mentres que as sesións extra e os comités fanse na cidade de Bruxelas. A cidade de Luxemburgo é a sede do Secretariado do Parlamento Europeo.

Na actualidade existe un forte movemento que quere que Bruxelas sexa a capital de tódalas institucións da UE (a Comisión Europea, o Consello Europeo e o Consello da Unión Europea). A pesar disto, e do millón de sinaturas pedindo o seu traslado, Francia oponse fortemente.

Organización

Unión Europea

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta Única Europea
Ámsterdan · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Presidente da Comisión Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

As principais oficinas e órganos do Parlamento son os seguintes:

Lista de comités

Asuntos interiores

  • BUDG - Comité de orzamentos
  • CONT - Comité de control presupostario
  • ECON - Comité de asuntos económicos e presupostarios
  • EMPL - Comité de traballo e asuntos sociais
  • ENVI - Comité de medio ambiente, saúde pública e seguridade alimentaria
  • ITRE - Comité de industria e enerxía
  • IMCO - Comité de mercado interior e defensa do consumidor
  • TRAN - Comité de transporte e turismo
  • REGI - Comité de desenvolvemento rexional
  • AGRI - Comité de agricultura e desenvolvemento rural
  • PECH - Comité da industria pesqueira
  • CULT - Comité de educación e cultura
  • JURI - Comité de asuntos legais
  • LIBE - Comité de liberdades civís, xustiza e asuntos interiores
  • AFCO - Comité de asuntos constitucionais
  • FEMM - Comité polos dereitos da muller e a igualdade de xénero
  • PETI - Comité de peticións e demandas

Asuntos exteriores

  • AFET - Comité de asuntos exteriores
    • DROI - Subcomité de dereitos humanos
    • SEDE - Subcomité de seguridade e defensa
  • DEVE - Comité de desenvolvemento
  • INTA - Comité de comercio internacional

Grupos e partidos políticos

Reparto de poder para a lexislatura 2004-2009

Os partidos políticos con representación no Parlamento Europeo están organizados en grupos políticos, se ben a disciplina de grupo é moi débil e tanto as delegacións estatais como os MEPs a título individual son libres de establecer alianzas segundo crean conveniente.

Actualmente (2004) hai sete grupos, así como un conxunto de MEPs non adscritos a ningún grupo. O 21 de xullo de 2004 a composición era a seguinte:

Grupo Partidos membros/subgrupos Escanos
Partido Popular Europeo - Demócratas Europeos (EPP-ED) Partido Popular Europeo
Demócratas Europeos
268
Partido Socialista Europeo (PES) 200
Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) Partido Reformista Liberal e Demócrata Europeo (ELDR)
Partido Europeo Democrático
88
Os Verdes-Alianza Libre Europea (Greens-EFA) Partido Verde Europeo
Alianza Libre Europea
42
Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) Esquerda Europea
Alianza Verde e de Esquerdas Nórdica (NGLA)
(Outros partidos de esquerdas)
41
Independencia e Democracia 37
Unión pola Europa das Nacións (UEN) 27
Non Adscritos 29

Historia

A Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) estableceu unha 'Asemblea Comunitaria' en setembro de 1952, os 78 membros da cal proviñan dos parlamentos estatais dos estados membros. Esta asemblea foi ampliada en marzo de 1958 para tratar de cubrir tamén a Comunidade Económica Europea e ó Euratom e adoptouse o nome de Asemblea Parlamentaria Europea até 1962 cando foi substituido polo de Parlamento Europeo. En 1979 o Parlamento foi ampliado e os seus membros foron elixidos directamente por vez primeira. Dende aquela, o Parlamento tense expandido a medida que se foron incorporando novos estados á UE.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link GA