Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
formato
Liña 1: Liña 1:
'''Francisco Porto Rey''', nado en [[Vilagarcía de Arousa]] o [[16 de xaneiro]] de [[1876]] e finado en 1941, foi un escritor galego e galeguista.
'''Francisco Porto Rey''', nado en [[Vilagarcía de Arousa]] o [[16 de xaneiro]] de [[1876]] e finado en 1941, foi un escritor galego e galeguista. Fillo de Francisco Porto Codesido (primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre Carril e Santiago de Compostela) e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns entre as que se achava Josefina Porto Rey que casou con Charles Lessner<ref>Fillo de [https://de.wikipedia.org/wiki/Friedrich_Le%C3%9Fner Friedrich Christian Eduard Leßner] [Blankenhain 1825 - Londres1910] xastre de orixe alemán, exilado en Londres pola sua militancia comunista. Foi grande amigo de Karl Marx, de feito este apadriñou ao seu fillo Charles Lessner que rematou emparentando con a familia Porto de Vilagarcia de Arousa.</ref>, enxeñeiro da Galicia Railway Company que construiu a primeira liña de ferrocarril de Galicia. A familia paterna dos Porto son procedentes de [[Cerdedo]] e según informacions da família teñen algún ancestro orixinario de [[Irlanda]], fuxido das persecucións por parte dos ingleses<ref>Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en ''La Voz de Galicia'' (1994)</ref>, no século XVII, posiblemente derivada da [[Flight of the Earls|''Flight of the Earls'']].


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns, entre eles Josefina Porto Rey, que casou con Charles Lessner<ref>Fillo de [[Friedrich Christian Eduard Leßner]], xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de [[Karl Marx]].</ref>, enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. A familia paterna dos Porto son procedentes de [[Cerdedo]] e segundo informacións familiares teñen ascendencia procedente de [[Irlanda]], fuxido das persecucións por parte dos ingleses<ref>Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en ''La Voz de Galicia'' (1994)</ref>, no século XVII, posiblemente derivada da [[Flight of the Earls|''Flight of the Earls'']].
Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal que consistia na chefatura dos talleres da [https://gl.wikipedia.org/wiki/Rede_ferroviaria_espa%C3%B1ola compañía dos camiños de ferro de Galicia] en Vilagarcia. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario [[La Nación|''La Nación'']] ''' '''de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s) de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. É de suliñar a sua colaboura con [https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao Alfonso Daniel Rodríguez Castelao] en diversas publicacións nas que o político nacionalista de Rianxo adoitava participar aportando as suas ilustracións.

Francisco Porto Rey Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario [[La Nación|''La Nación'']] ''' '''de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.


==Literatura e xornalismo==
==Literatura e xornalismo==
Liña 8: Liña 10:


==Nacionalismo galego==
==Nacionalismo galego==
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|''Partido Galeguista'']] e as [[Xuventudes de Defensa|''Xuventudes de Defensa'']]. Tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo [[Alzamento Nacional]] pola súa militancia nacionalista.
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e as [[Xuventudes de Defensa|''Xuventudes de Defensa'']]. Tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo [[Alzamento Nacional]] pola súa militancia nacionalista.


==Emprendimento cultural==
==Emprendemento cultural==
Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na criación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro'' Salón Varietés, ''unha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.
Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro'' Salón Varietés'', unha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.


==Obras==
==Obras==

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2013 ás 18:23

Francisco Porto Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1876 e finado en 1941, foi un escritor galego e galeguista.

Traxectoria

Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns, entre eles Josefina Porto Rey, que casou con Charles Lessner[1], enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. A familia paterna dos Porto son procedentes de Cerdedo e segundo informacións familiares teñen ascendencia procedente de Irlanda, fuxido das persecucións por parte dos ingleses[2], no século XVII, posiblemente derivada da Flight of the Earls.

Francisco Porto Rey Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en El Ciclón, El Cínife, Faro de Vigo, Galicia e Villagarcía-Carril, e en El Eco de Galicia e no diario La Nación de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como Farruco Porto Rey. Colaborou con Castelao en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.

Literatura e xornalismo

Publicou varias obras bilingües e o Dicionario gallego-castellano, que apareceu en fascículos no semanario Villagarcía-Carril ata o 17 de xuño de 1900 (foi reeditado pola Real Academia Galega en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o Diccionario gallego de Cuveiro Piñol. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Nacionalismo galego

Tivo relación coas Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e as Xuventudes de Defensa. Tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo Alzamento Nacional pola súa militancia nacionalista.

Emprendemento cultural

Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro Salón Varietés, unha sala de cinema con aforo para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.

Obras

  • Las mil y una composiciones, 1894.
  • Pisto, 1894 (bilingüe).
  • Dicionario gallego-castellano, 1900
  • Papel e tinta, 1901 (bilingüe).
  • Ilusiones, 1903.
  • O Alalá, 1906 (diálogo en verso galego aparecido en Eco de Arosa).
  • Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas, 1912.
  • Fermosinda, 1918.
  • A tola de Sobrán, 1927 (comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920).

Notas

  1. Fillo de Friedrich Christian Eduard Leßner, xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de Karl Marx.
  2. Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en La Voz de Galicia (1994)

Véxase tamén

Ligazóns externas