Diferenzas entre revisións de «Tronco do encéfalo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
 
:1. '''Cintilla Lonxitudinal Posterior''' ou '''Fascículo Lonxitudinal Medial''': que comprende febras que van desde as proximidades do chan do terceiro ventrículo ou o extremo superior do acueduto de Silvio, máis precisamente do núcleo de Darkschewitsch, ata a medula cervical e está especialmente relacionado co control reflexo dos movementos da cabeza e os ollos. Transcorre pola liña media, a nivel peduncular faio inmediatamente por diante do acueduto de Silvio e a nivel bulboprotuberancial atópase por diante da substancia gris do chan do 4º ventrículo. Comprende:
::* Febras que nacen nos núcleos vestibulares '''superior''' ou '''de Bechterew''' e '''medial''' ou '''de Schwalbe''' formando o que se coñece como ''Fascículo Vestibulomesencefálico de Van Gehuchten'' ou ''Fascículo Vestibulooculóxiro''. As febras que se orixinan do '''núcleo vestibular superior''' ascenden polo Fascículo Lonxitudinal Medial homolateral cara aos núcleos oculomotores ([[nervio motor ocular comúnoculomotor|III]], [[nervio troclear|IV]] e [[nervio motor ocular externo|VI]]), algunhas febras cruzan a liña media cara ao complexo oculomotor contralateral na parte caudal do mesencéfalo; mentres as que nacen do núcleo vestibular medial proxéctanse de xeito bilateral cara aos núcleos dos músculos extraoculares con predominio contralateral, dando ademais febras descendentes que son directas e se dirixen cara ao núcleo do [[nervio accesorio espiñal|XI par cranial]] e a substancia gris da asta anterior dos primeiros segmentos cervicais. Deste xeito queda constituída unha vía reflexa de coordinación dos movementos oculares cos da cabeza e o pescozo e de resposta oculocefalóxira a estímulos nerviosos orixinados nos condutos semicirculares do oído interno. As febras cruzadas exercen un efecto excitatorio e as directas un efecto inhibitorio.
 
::* Feixe de febras orixinadas nas neuronas internucleares do [[nervio motor ocular externo|VI par cranial]], cruzan a liña media e finalizan no núcleo do [[nervio motor ocular común|III par cranial]] contralateral, máis precisamente, nas neuronas que inervan o músculo recto interno, brindando a conexión neural que permite os movementos conxugados dos ollos en forma lateral. Algunhas das febras ascendentes continúan máis aló dos núcleos oculomotores para terminar no '''núcleo intersticial de Cajal'''
194.027

edicións

Menú de navegación