Farinxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: be-x-old:Глотка
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 63 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q174778
Liña 53: Liña 53:
[[Categoría:Aparato dixestivo]]
[[Categoría:Aparato dixestivo]]
[[Categoría:Aparato respiratorio]]
[[Categoría:Aparato respiratorio]]

[[ar:بلعوم]]
[[av:МагӀазухъе щекъер цолъулеб бакӀ]]
[[be:Глотка]]
[[be-x-old:Глотка]]
[[bg:Гълтач]]
[[bn:গলবিল]]
[[bs:Ždrijelo]]
[[ca:Faringe]]
[[cs:Hltan]]
[[cy:Ffaryncs]]
[[de:Pharynx]]
[[dv:އަރުތެރެ]]
[[el:Φάρυγγας]]
[[en:Human pharynx]]
[[eo:Faringo]]
[[es:Faringe]]
[[et:Neel]]
[[eu:Faringe]]
[[fa:حلق]]
[[fi:Nielu]]
[[fr:Pharynx]]
[[gv:Farang]]
[[he:לוע]]
[[hr:Ždrijelo]]
[[ht:Farenks]]
[[hu:Garat]]
[[hy:Ըմպան]]
[[id:Faring]]
[[io:Faringo]]
[[is:Kok]]
[[it:Faringe]]
[[ja:咽頭]]
[[jv:Faring]]
[[kk:Ауыз жұтқыншақ]]
[[ko:인두 (해부학)]]
[[ku:Gewrî]]
[[ky:Кулкун]]
[[la:Pharynx]]
[[lbe:Оьнкьуссурссу]]
[[ln:Mongelu]]
[[lt:Ryklė]]
[[lv:Rīkle]]
[[mk:Голтник]]
[[nl:Farynx]]
[[no:Svelg]]
[[pl:Gardło]]
[[pt:Faringe]]
[[qu:Millp'uti]]
[[ro:Faringe]]
[[ru:Глотка]]
[[sh:Ždrelo]]
[[simple:Pharynx]]
[[sk:Hltan]]
[[sl:Žrelo]]
[[sr:Ждрело]]
[[sv:Svalg]]
[[th:คอหอย]]
[[tl:Lalaugan]]
[[tr:Yutak]]
[[ug:كېكىردەك]]
[[uk:Глотка]]
[[yi:פארינקס]]
[[zh:咽]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 12:21

Farinxe
Gray's pág.1141
MeSH Pharynx

A farinxe é un tubo musculoso situado no pescozo e revestido dunha membrana mucosa; conecta o nariz e a boca coa traquea e o esófago. Pola farinxe pasan tanto o aire coma os alimentos, polo que forma parte tanto do aparello dixestivo coma do aparello respiratorio. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do cranio ata a 6ª ou 7ª vértebra cervical, situándose diante da columna vertebral.

Partes da farinxe

Farinxe superior: tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da cavidade nasal. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase cavum, onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do padal. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o oído medio coa parede lateral da farinxe a través da Trompa de Eustaquio. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado fosita de Rosenmüller. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do Atlas ou primeira vértebra cervical.

Farinxe media: tamén se chama orofarinxe ou bucofarinxe porque por diante se abre á boca ou cavidade oral a través do istmo das fauces. Por arriba está limitada polo veo do padal e por abaixo pola epiglote. Na orofarinxe atópanse as amígdalas palatinas ou anxinas, entre os alicerces palatinos anterior ou glosopalatino e posterior faringopalatino.

Farinxe inferior: tamén se chama hipofarinxe ou laringofarinxe. Comprende as estruturas que rodean a larinxe por baixo da epiglote, como os seos piriformes e a canle retrocricoideo, ata o límite co esófago. No medio dos seos piriformes ou canles faringolarínxeos atópase a entrada da larinxe delimitada polos pregos aritenoepiglóticos.

Funcións da farinxe

A farinxe intervén en importantes funcións como:

  • A deglución: é o paso do bolo alimenticio desde a boca cara á farinxe. A este acto denomínaselle vulgarmente como comer (inxerir) e se se fai de forma compulsiva pode asociarse a danos na mucosa farínxea.
  • A respiración: por respiración xeralmente enténdese o proceso fisiolóxico indispensable para a vida dos organismos (adoita simplificarse en 'aeróbicos' e 'anaeróbicos').
  • A fonación: é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixibles, é dicir, para que exista a comunicación oral.

Músculos da farinxe

Enfermidades da farinxe