Saltar ao contido

Fosa nasal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fosa nasal
cavitas nasi Editar o valor en Wikidata

Instancia declase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase decavidade anatómica, cavity of subdivision of principal body part (en) Traducir, entidade anatómica particular e fossa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte detrato respiratório superior (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización anatómicanariz Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD009296 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12424 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A06.1.02.001
Wikidata ] C:Commons ]

Unha fosa nasal é unha abertura disposta xeralmente no nariz dalgúns animais, por onde intercambian osíxeno e dióxido de carbono co medio aéreo. Algúns mamíferos acuáticos, como as baleas ou os golfiños, teñen as fosas nasais situadas na parte superior do cranio no canto de no nariz, facilitando así a respiración cando ascenden á superficie.

Aínda que, nun sentido recto, a denominación de fosa nasal correspondería unicamente ás aberturas do nariz, na práctica aplícase tamén ás cavidades nasais que se abren tras estas.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

As fosas nasais humanas presentan a seguinte estrutura:

  • Teito: formado polas caras postero-inferiores dos ósos propios do nariz, espiña nasal do óso frontal, porción horizontal do etmoide, caras anterior e inferior do corpo do esfenoide.
  • Chan: formado polas porcións horizontais dos ósos maxilar superior e palatino
  • Parede medial: formada pola cartilaxe nasal media, caras laterais da lámina perpendicular do etmoide e caras laterais do vómer.
  • Paredes laterais: constituídas pola porción vertical do maxilar superior, cara interna do ungüe, cara interna das masas laterais do etmoide, cornetes superior, medio e inferior; apófise unciforme, cara interna da á interna das apófises pterigoides do esfenoide.

Teñen por función, ademais de aspirar aire, quentalo, humidificalo e reter os elementos perigosos deste aire. Este mesmo aire porta as moléculas químicas responsables da activación da vía olfactoria.

A irritación das fosas nasais é a que desencadea o reflexo do espirro.