Saltar ao contido

Epiglote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epiglote
epiglottis Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Códigos e identificadores
Freebase/m/01zjns Editar o valor en Wikidata
MeSHD004825 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12709 Editar o valor en Wikidata
TA 98A06.2.07.001
CIE-1132483589 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778674591 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A epiglote[1] (do gr. ἐπί 'sobre', γλωττί-ς/-δος 'lingüeta' e ίς/-ίδα 'elemento anatómico'] é unha estrutura húmida, cartilaxinosa que forma parte do esqueleto cartilaxinoso da larinxe. Tamén marca o límite entre a orofarinxe e a laringofarinxe. A epiglote obstrúe o paso do bolo alimenticio no momento da deglución evitando que este se vaia ao sistema respiratorio.

En canto a como baixa o bolo pola farinxe sen entrar á larinxe; débese imaxinar o bolo non como unha grande esfera de alimento descendendo pola farinxe senón como acumulacións pequenas de alimento esvarando polos recesos piriformes, formados entre o espazo existente entre a epiglote e as paredes laterais da oro e laringofarinxe. O bolo, encamiñándose cara ao esófago e pasando por ambos os lados da glote, que ademais no momento da deglución esta ascende para así evitar que os alimentos invadan a vía aérea, non entra na glote pois os recesos piriformes encamíñano correctamente cara á vía alimenticia e non aérea. (Tomado do artigo de larinxe).

Durante a respiración o veo do padal descende, facilitando o libre paso do ar pola farinxe, cara á larinxe e a traquea; a epiglote permanece levantada en todo momento.

O peche da larinxe ocorre cando os pregues vestibulares e vocais achéganse á liña media durante a deglución. Ocasionalmente, cando se come moi rápido, os alimentos sólidos ou os líquidos poden entrar na larinxe.

  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2020-11-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]