Mérida, España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "MeridaCollage.png" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:MeridaCollage.png
engadida foto
Liña 3: Liña 3:
|escudo = [[Ficheiro:Escudo de Mérida.svg|85px]]
|escudo = [[Ficheiro:Escudo de Mérida.svg|85px]]
|bandeira = [[Ficheiro:Bandera de Mérida.svg|140px]]
|bandeira = [[Ficheiro:Bandera de Mérida.svg|140px]]
|imaxe = [[File:Merida Roman Theatre1.jpg|280px]]
|imaxe =
|pé = Teatro romano.
|situación = [[Ficheiro:Meridalocation.png]]
|situación = [[Ficheiro:Meridalocation.png]]
|país = {{ESPb}} [[España]]
|país = {{ESPb}} [[España]]
Liña 22: Liña 23:
}}
}}


'''Mérida''' (do latín ''Emerita'' e posteriormente do árabe ماردة Mārida) é unha cidade española, capital da [[Estremadura|Comunidade Autónoma de Estremadura]], rexión situada no suroeste de [[España]], sendo sede das súas institucións de goberno. Logo de [[Badaxoz]] e [[Cáceres]], é o terceiro núcleo poboacional de Estremadura. O padrón municipal de 1 de xaneiro de 2007 outorgáballe 58.578 habitantes. Pertence á [[provincia de Badaxoz]].
'''Mérida''' en [[Lingua estremeña|extremeño]] Méria (do latín ''Emerita'' e posteriormente do árabe ماردة Mārida) é unha cidade española, capital da [[Estremadura|Comunidade Autónoma de Estremadura]], rexión situada no suroeste de [[España]], sendo sede das súas institucións de goberno. Logo de [[Badaxoz]] e [[Cáceres]], é o terceiro núcleo poboacional de Estremadura. O padrón municipal de 1 de xaneiro de 2007 outorgáballe 58.578 habitantes. Pertence á [[provincia de Badaxoz]].


== Xeografía ==
== Xeografía ==

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2013 ás 01:40

Coordenadas: 38°54′N 6°20′O / 38.900, -6.333 Modelo:Cidade

Mérida en extremeño Méria (do latín Emerita e posteriormente do árabe ماردة Mārida) é unha cidade española, capital da Comunidade Autónoma de Estremadura, rexión situada no suroeste de España, sendo sede das súas institucións de goberno. Logo de Badaxoz e Cáceres, é o terceiro núcleo poboacional de Estremadura. O padrón municipal de 1 de xaneiro de 2007 outorgáballe 58.578 habitantes. Pertence á provincia de Badaxoz.

Xeografía

Mérida sitúase xeograficamente case no centro da rexión, e está atravesada polos ríos Guadiana e o Albarregas, a 217 metros de altitude sobre o nivel do mar. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade. Economicamente, Mérida é unha cidade de servizos, cunha crecente industria e un case extinguido sector primario.

Historia

Foi fundada no ano 25 a.C., co nome de Emerita Augusta, con veteranos (o latín emeritus significa "licenciado") das guerras cántabras, que formaban parte das lexións V Alaudae e X Gemina, por orde do emperador Augusto, e co obxectivo de formar unha retagarda pronta a intervir nun posíbel levantamento nas zonas mineiras do peninsular e de protexer o paso sobre o Guadiana. A cidade converteuse ademais na capital da provincia da Lusitania, chegando a ser unha das cidades máis importantes do Imperio romano. Mérida, cuxo nome é unha derivación de Emerita, conserva aínda un importante legado monumental da época romana, polo que foi proclamada Patrimonio da Humanidade.

O cristianismo prendeu con forza en Mérida, sobresaíndo durante o século VI a figura do bispo Mausona. Desa fe popular foi mostra a mártir Santa Eulalia, padroeira da cidade.

No ano 713, o xeneral árabe Muza-ib-Nusair conquistou a cidade, e as súas tropas arrasárona.

Mérida foi sede Metropolitana até 1119, ano en que tal dignidade foi transferida para Santiago de Compostela. No primeiro terzo do século XIII , en 1230, as tropas cristiás de Afonso IX conquistaron Mérida, converténdoa en sede do Priorato de San Marcos de León da Orde de Santiago.

A invasión napoleónica, a comezos do século XIX, supuxo para Mérida, igual que para o resto de Estremadura, unha lamentábel perda de parte do seu patrimonio histórico artístico. Posteriormente , a posición como nó ferroviario, converteu a cidade nun núcleo industrial e de servizos en alza. Ese desenvolvemento veuse definitivamente impulsado coa designación de Mérida, en 1983, como capital da Comunidade Autónoma de Estremadura.

En 1994 constituíuse o Arcebispado Mérida-Badaxoz, recuperándose, así, a antiquísima sede metropolitana emeritense, retornándolle a dignidade catedralicia ao templo de Santa María la Mayor, herdeiro da igrexa arcebispal de Emerita. As orixes deste Arcebispado remontan á época romana, na que tivo doce bispados sufragáneos (Edito de Milán).

Cada período histórico deixou impresa a súa pegada en edificios e monumentos, que hoxe en día supoñen a súa grande riqueza arqueolóxica para gozo das actuais e vindeiras xeracións que a visiten.

Poboación


Fonte: INE

Monumentos

A ponte romana
O anfiteatro romano
Teatro romano
  • Ponte Romana, sobre o río Guadiana, remonta ao século I. Ten 762 metros de longo por 5 m de ancho, cunha altura de 11 m e largo. Posúe 60 arcos de bloques de granito.
  • Teatro romano, erguido por Agripa, xenro de Augusto, no 16-15 a.C. Ten unha capacidade de 6.000 persoas. Restaurado, foi utilizado, desde 1933, para espectáculos a aire aberto.
  • Templo de Diana, no centro da cidade. O seu espazo foi utilizado, para construción do pazo do conde de Corbos, o que o preservou da ruína.
  • Anfiteatro, construído tamén por Agripa no 8 a.C., tiña capacidade para 15.000 espectadores, cunhas dimensións de 126 X 102 metros. Está bastante ben conservado.
  • Casa do Mitreo, casa patricia da segunda metade do I século, contén fermoso mosaico, con alegorías do río Nilo e do Éufrates.
  • Casa patricia, é outra casa señorial da mesma época con magnífico pavimento de mosaico.
  • Lago de Proserpina ou Presa de Proserpina, a 4 Km. do centro urbano, é un estanque artificial, de obra romana, que almacenaba a auga para servizo da cidade.
  • Acueduto dos Milagros, era o acueduto romano, que transportaba á cidade, a auga depositada na presa de Proserpina. Fican restos en pé nun percorrido de 827 metros, con arcos de até 25 metros de alto. A súa técnica construtiva puido inspirar á das arquerías sustentantes da mesquita de Córdoba.
  • Arco de Traxano, un arco triunfal, romano, de 13 metros de altura e 11 de anchura.
  • Ponte do río Albarregas, é unha pequena ponte de catro arcadas, tamén de orixe romana, que se sitúa sobre a Vía da prata, antiga calzada romana que unía Gades con Asturica Augusta.
  • Museo Nacional de Arte Romana, creado en 1838, recolle o material arqueolóxico proveniente das escavacións locais. Antes situado no Convento de Santa Clara, ten a súa sede actual nun moderno edificio de 1984, proxectado polo arquitecto Rafael Moneo. Xorde directamente na área arqueolóxica, englobando tamén algúns restos arqueolóxicos.
  • Museo de Arte Visigoda, acolle restos de monumentos arquitectónicos e de esculturas da época visigoda, do século V ao VIII.
  • Alcazaba situada no inicio da grande ponte romana, foi construída polo califa de Córdoba Abd-el-Rahman II, no ano 835, sobre a muralla romana, e utilizando materiais de edificios romanos e visigodos. No patio hai mosaicos romanos e no subsolo unha cisterna visigoda.
  • Santa Eulalia, é unha pequena igrexa do século IV, edificada sobre o templo romano de Marte; foi reconstruída no século XIII, con materiais reutilizados. Diante da igrexa está o denominado, localmente, 'Hornito', un forno onde, consonte a tradición, foi queimada Santa Eulalia.
  • Concello, sede municipal, neorrenacentista, na Praza Maior.
  • Casa solariega, na mesma Praza Maior, é unha casa aristocrática, neorrenacentista, hoxe utilizada como albergue.
  • Catedral de Santa María la Mayor, igrexa dos séculos XIII-XV.

Irmandada