Augusta Emerita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Emerita Augusta")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Conxunto arqueolóxico de Mérida
Maqueta Emerita-Augusta.JPG
Maqueta de Emerita Augusta
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1993
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador664
Teatro romano de Mérida, construído ca. 15 a.C..

A Augusta Emerita, ás veces tamén citada como Emerita Augusta, ou máis simplemente Emerita, era o nome latino da actual cidade española de Mérida.

Nome[editar | editar a fonte]

Varias personalidades defenden que o nome da cidade era Colonia Iulia Augusta Emerita[1][2][3][4] Alicia M. Canto atribúe el epíteto Iulia da cidade, documentado en diversas inscricións, como tubaxes de chumbo públicas[5], a unha posible fundación cesariana entre 48 e 44 a.C., como praesidium militar ou como municipium, anterior por tanto á única data admitida da creación colonial ex novo, a de Augusto. Non obstante, José María Álvarez Martínez, director do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida, rexeita a proposta de lectura I(ulia) (da cal só está documentado o I), e suxiren outros desenvolvementos desa inicial, como "I(mmunis)", xa que se sabe por fontes clásicas a súa condición de colonia inmune.

Historia[editar | editar a fonte]

Emerita foi a capital da provincia hispana de Lusitania. Foi fundada 25 a.C. por Publius Carisius, legado de Augusto, que estabeleceu nela veteranos das lexións Alauda V e Gemina X, ao remate do seu servizo logo das guerras cántabras (emeritus era en latín o licenciado ou xubilado). Inicialmente foi unha colonia romana, adquirindo logo o dereito itálico. Ademais de ser a capital da Lusitania, era tamén a capital do Convento xurídico emeritense. Emerita ocupaba un lugar estratéxico para o paso do río Anas, nas comunicacións entre a Bética e as explotacións mineiras da Gallaecia, pois Vía da Prata, como máis tarde foi coñecida, era a calzada romana que unía o porto de Gades (Cádiz) con Asturica Augusta (Astorga).

A actual Mérida, cuxo nome é a evolución de Emerita, conserva aínda abundantes restos arqueolóxicos e monumentais do seu esplendoroso pasado romano.

Sitios protexidos[editar | editar a fonte]

Acueduto de San Lázaro
Forum
Ponte romana de Mérida, a ponte máis longa de todas as pontes romanas existentes.
Código Nome Lugar
664-001 Acueduto dos Milagros Mérida
664-002 Acueduto de San Lázaro Mérida
664-003 Cloaca Mérida
664-004 Alcazaba Mérida
664-005 Anfiteatro Mérida
664-006 Arco de Tiberio Mérida
664-007 Xenodoquio Mérida
664-008 Basílica Casa Herrera Mérida
664-009 Basilica de Santa Eulalia Mérida
664-010 Casa do Anfiteatro Mérida
664-011 Casa do Mitreo Mérida
664-012 Circo Mérida
664-013 Colección de arte Visigoda Mérida
664-014 Columbarios Mérida
664-015 Dique do Guadiana Mérida
664-016 Cornalvo Mérida
664-017 Encoro de Proserpina Mérida
664-018 Foro Mérida
664-019 Murallas de cidade Mérida
664-020 Museo Nacional de arte romana Mérida
664-021 Obelisco de Santa Eulalia Mérida
664-022 Ponte do río Albarregas Mérida
664-023 Ponte do río Guadiana Mérida
664-024 Teatro Mérida
664-025 Templo de Diana Mérida
664-026 Templo da Concordia Mérida
664-027 Templo de Marte Mérida
664-028 Baños c/ Diego M.ª Creuet Mérida
664-029 Baños romanos de Alange Alange[6]

Fonte:UNESCO

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Étienne, R. e Mayet, F. (1984): "La dénomination antique de Mérida", en Lucerna, Homenaje a D.D. de Pinho Brandão. Porto, páx 159-172.
  2. Canto, A. M. (1989): "Colonia Iulia Augusta Emerita: Consideraciones en torno a su fundación y territorio", Gerión 7, páx. 149-205
  3. Canto, A. M. (1990): "Las tres fundaciones de Augusta Emerita (1987-1990)", Múnich, 289-297.
  4. Canto, A. M. (2016): "Colonia Iulia Augusta Emerita. Su posible fundación cesariana, 30 años después". Museo Arqueológico Nacional. Vídeo.
  5. Fundación Mérida: Tuberías de plomo con CIAE, en Celtiberia, 1 de decembro de 2005 (en castelán).
  6. A 18 km ao suroeste de Mérida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]