Cera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Argizari
Liña 39: Liña 39:
[[es:Cera]]
[[es:Cera]]
[[et:Vahad]]
[[et:Vahad]]
[[eu:Argizari]]
[[fa:موم]]
[[fa:موم]]
[[fi:Vaha]]
[[fi:Vaha]]

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2012 ás 23:05

Cera de abellas.

As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de froitos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.

Esquema xeral da formación dunha cera. A cera palmitato de miricilo da cera de abella está formada pola esterificación do ácido palmítico co alcohol miricílico.

Rol biolóxico das ceras

  • Protección: debido ó seu carácter altamente hidrófobo, repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e froitos de plantas (cutina).
  • Estrutural: as ceras frecuentemente se encontran formando cubertas protectoras e impermeabilizantes, normalmente recubrindo as partes aéreas das plantas, flores ou froitos para repeler os parasitos e axudar a conservar a auga do vexetal. Unha aplicación ben coñecida da cera é a formación dos panais das abellas.

Usos da cera

Exvotos de cera de abellas.

Utilizouse tradicionalmente para facer cirios, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como depilatorio, xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso.

Na antigüidade empregábase para cerrar os ocos das fiestras en inverno.

A cera tamén é unha sustancia graxa segregada por glándulas polas abellas obreiras xoves. Con ela fan os panais e cerran as súas celas cando están cheas de mel.

Amais, é unha substancia amarelenta segregada por unha glándula que temos os seres humanos nos oídos.