Igor Stravinskii: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: el:Ίγκορ Στραβίνσκι
Piquito (conversa | contribucións)
traio de en.wiki
Liña 11: Liña 11:
Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía
Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía
''Chronique de ma vie'' coa axuda de [[Walter Nouvel]], nesta obra Stravinski incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de [[Alexis Roland-Manuel]] e [[Piotr Souvtchinski]] escribiu as leccións maxistrais que deu na [[Universidade Harvard]] no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro ''Poétique musicale''.
''Chronique de ma vie'' coa axuda de [[Walter Nouvel]], nesta obra Stravinski incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de [[Alexis Roland-Manuel]] e [[Piotr Souvtchinski]] escribiu as leccións maxistrais que deu na [[Universidade Harvard]] no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro ''Poétique musicale''.

== Obra ==
{{AP|Composicións de Ígor Stravinski}}
A carreira compositiva de Stravinski pode dividirse, a grandes rasgos, en tres períodos estilísitcos:

=== Período ruso (c. 1908 – 1919) ===
[[Ficheiro:Stravinsky rimsky-korsakov.jpg|thumb|Stravinski e Rimsky-Korsakov (sentados xuntos á esquerda) en 1908.]]
O primeiro período estilístico de Stravinski (que exclúe algunhas das súas obras menores temperás) comeza con ''[[Feu d'artifice]]'' (''Fogos de artificio'') e inclúe os tres [[ballet]]s compostos para [[Serguei Diaguilev]]. Estas tres composición teñen varias características en común: están escritas para unha orquestra extremádamente grande; empregan [[música rusa|temas e motivos folklóricos rusos]]. Tamén exiben un desenvolvemento estilístico considerable, dende ''[[L'Oiseau de feu]]'' (''O paxaro de lume''), que enfatiza certas tendencias en Rimsky-Korsakov e conta cun [[pandiatónico|pandiatonicismo]] notable no terceiro movemento, ao emprego da [[politonalidade]]en ''[[Petrushka]]'' e as intencionadamente brutais [[polirritmia]]s e [[Consonancia e disonancia|disonancias]] de ''[[Le Sacre du printemps]]'' (''A consagración da primavera'').

Se a intención de Stravinski era "mandalos a todos ao inferno",<ref>Wenborn 1985, p. 17, alude ao seu comentario, sen dar unha fonte específica.</ref> entón puido ter clasificado a estrea de ''Le Sacre du printemps'' en [[1913]] como un éxito: é un famoso [[motín da música clásica]] e Stravinski refírese a ela en moitas ocasións na súa autobiografía como un ''scandale''.<ref>Stravinsky 1936</ref> Houbo informes de pelexas con puños entre a audiencia e a necesidade de presenza policial durante o segundo acto. O alcance real do tumulto está aberto ao debate e os informes poden ser apócrifos.<ref>See Eksteins 1989, pp. 10–16, para unha visión xeral da reportaxe contraditoria do evento polos participantes e a prensa.</ref> Outras obras do período ruso inclúen: ''[[Le Rossignol]]''; ''[[Renard (Stravinsky)|Renard]]'' (1916); ''[[Histoire du soldat]]'' (1918); e ''[[Les noces]]'' (''The Wedding'') (1923).

=== Período Neoclásico (c. 1920 – 1954) ===
A seguinte etapa compositiva de Stravinski exténdese dende a súa [[ópera]] ''[[Mavra]]'' (1921–22), que é considerada o principio do seu período neoclásico, ata [[1952]], cando se volveu cara ao [[serialismo]].<ref name="Walsh 2001" /> ''[[Oedipus rex (ópera)|Oedipus Rex]]'' (1927), ''[[Apollon musagète]]'' (1928), e o concerto ''[[Dumbarton Oaks]]'' (1937–38) continúan o seu plantexamento do estilo musical do [[século XVIII]]. Outras obras deste período inclúen tres sinfonías: a ''[[Symphonie des Psaumes]]'' (1930), Sinfonía en Do (1940) e a [[Sinfonía en Tres Movementos (Stravinsky)|''Sinfonía en Tres Movementos'']] (1945).

''Apollon'' (1928), ''Persephone'' (1933) e ''Orpheus'' (1947) exemplifican, non só o retorno de Stravinski á música do clasicismo, senón tamén a súa exploración de temas do antigo mundo clásico como a [[mitoloxía grega]]. En [[1951]] rematou a súa derradeira obra neoclásica, a ópera ''[[The Rake's Progress]]'', con [[libreto]] de [[W. H. Auden]] que estaba baseado en grabados de [[William Hogarth]]. Estreouse en [[Venecia]] ese mesmo ano e foi producida por toda [[Europa]] durante o ano seguinte, antes de ser posta en escena na [[Metropolitan Opera]] de [[Nova York]] en [[1953]].<ref>Griffiths, Stravinsky, Craft, and Josipovici 1982, pp. 49–50.</ref> Foi porta en escena pola [[Santa Fe Opera]] no [[Stravinsky Festival]] de [[1962]], en honor ao 80 aniversario do compositor e foi revivida pola Metropolitan Opera en [[1997]].

=== Período serial (1954–1968) ===
Nos anos '50, Stravinski comezou a empregar técnicas compositivas como o [[dodecafonismo]], a técnica ideada orixinalmente por [[Arnold Schoenberg]].<ref>Craft 1982.</ref> Primeiramente experimentou con técnicas seriais non-dodecafónicas unha pequena escala vocal e obras de cámara como a ''[[Cantata (Stravinsky)|Cantata]]'' (1952), o Septeto (1953) e ''Tres cancións para Shakespeare'' (1953). A primeira das súas composicións baseada nestas técnicas foi ''In Memoriam Dylan Thomas'' (1954). ''[[Agon (ballet)|Agon]]'' (1954–57) foi a primeira das súas obras que incluiu series dodecafónicas, e ''[[Canticum Sacrum]]'' (1955) foi a primeira peza que contivo un movemento enteiramente baseado nun [[tono fila]]<!-- ("Surge, aquilo") -->.<ref>Straus 2001, p. 4.</ref> Stravinsky expandiu o seu emprego do dodecafonismo a traballos como ''[[Threni (Stravinsky)|Threni]]'' (1958) e ''A Sermon, a Narrative, and a Prayer'' (1961), que están baseados en textos bíblicos,<ref>White 1979, p. 510.</ref> e ''[[The Flood (Stravinsky)|The Flood]]'' (1962), que mestura brevas textos bíblicos do [[Xénese]] con pasaxes de [[York Mystery Plays|York]] e [[Chester Mystery Plays]].<ref>White 1979, 517.</ref>

== Notas ==
{{referencias}}

== Véxase tamén ==
{{commonscat|Igor Stravinsky}}
{{wikiquote|Igor Stravinsky}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fondation-igor-stravinsky.org Fundación Ígor Stravinski, Información oficial sobre o autor. Catálogo Completo]
* [http://imslp.org/wiki/Category:Stravinsky,_Igor Partituras de Stravinski] en [[International Music Score Library Project]] (IMSLP)
* [http://oxfordbibliographiesonline.com/view/document/obo-9780199757824/obo-9780199757824-0035.xml?rskey=gQqPVE&result=44&q= Mark McFarland. “Igor Stravinsky.” in ''Oxford Bibliographies Online: Music''. Edited by Bruce Gustavson. New York: Oxford University Press, 2011.]


{{ORDENAR:Stravinski, Igor}}
{{ORDENAR:Stravinski, Igor}}

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2012 ás 02:24

Ígor Stravinski

Ígor Fiodorovich Stravinski (Игорь Фёдорович Стравинский), nado o 17 de xuño de 1882 en Lomonosov e morto o 6 de abril de 1971 en Nova York, foi un pianista, director de orquestra e compositor ruso, un dos máis importantes e influentes do século XX.

Traxectoria

A súa obra abrangue gran cantidade de estilos e formas, compuxo óperas, sinfonías, pequenas pezas para piano e mesmo obras para grupos de jazz. Stravinski adquiriu fama internacional con tres balé que lle encargou o empresario musical Sergei Diaghilev para a súa compañía Ballets Russes de París, estes balés son atrevidos e innovadores, practicamente reinventando o xénero, e continúan a ser hoxe as súas obras máis coñecidas: O paxaro de lume (1910), Petrushka (1911/1947) e A consagración da primavera (1913), no estreo desta última producíronse disturbios e chegou a transformar a estrutura rítmica dos compositores posteriores, ademais de ser a responsable da reputación de Stravinski como un revolucionario musical.

Despois da súa primeira fase rusa, Stravinski volveu ó neoclasicismo na década de 1920, as obras deste período tenden a facer uso das formas musicais tradicionais (concerto grosso, fuga, sinfonía), recubertas cun veo de emoción intensa con aparencia de austeridade ou distanciamento, con frecuencia pagando tributo á música dos mestres anteriores como Bach e Tchaikovski.

Na década de 1950 adoptou procedementos serialistas, usando estas novas técnicas durante os seus últimos vinte anos en activo, estas composicións comparten a enerxía rítmica, a construción de ideas melódicas, a claridade da forma e a instrumentalización e expresión vocal coas súas obras anteriores.

Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía Chronique de ma vie coa axuda de Walter Nouvel, nesta obra Stravinski incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de Alexis Roland-Manuel e Piotr Souvtchinski escribiu as leccións maxistrais que deu na Universidade Harvard no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro Poétique musicale.

Obra

A carreira compositiva de Stravinski pode dividirse, a grandes rasgos, en tres períodos estilísitcos:

Período ruso (c. 1908 – 1919)

Stravinski e Rimsky-Korsakov (sentados xuntos á esquerda) en 1908.

O primeiro período estilístico de Stravinski (que exclúe algunhas das súas obras menores temperás) comeza con Feu d'artifice (Fogos de artificio) e inclúe os tres ballets compostos para Serguei Diaguilev. Estas tres composición teñen varias características en común: están escritas para unha orquestra extremádamente grande; empregan temas e motivos folklóricos rusos. Tamén exiben un desenvolvemento estilístico considerable, dende L'Oiseau de feu (O paxaro de lume), que enfatiza certas tendencias en Rimsky-Korsakov e conta cun pandiatonicismo notable no terceiro movemento, ao emprego da politonalidadeen Petrushka e as intencionadamente brutais polirritmias e disonancias de Le Sacre du printemps (A consagración da primavera).

Se a intención de Stravinski era "mandalos a todos ao inferno",[1] entón puido ter clasificado a estrea de Le Sacre du printemps en 1913 como un éxito: é un famoso motín da música clásica e Stravinski refírese a ela en moitas ocasións na súa autobiografía como un scandale.[2] Houbo informes de pelexas con puños entre a audiencia e a necesidade de presenza policial durante o segundo acto. O alcance real do tumulto está aberto ao debate e os informes poden ser apócrifos.[3] Outras obras do período ruso inclúen: Le Rossignol; Renard (1916); Histoire du soldat (1918); e Les noces (The Wedding) (1923).

Período Neoclásico (c. 1920 – 1954)

A seguinte etapa compositiva de Stravinski exténdese dende a súa ópera Mavra (1921–22), que é considerada o principio do seu período neoclásico, ata 1952, cando se volveu cara ao serialismo.[4] Oedipus Rex (1927), Apollon musagète (1928), e o concerto Dumbarton Oaks (1937–38) continúan o seu plantexamento do estilo musical do século XVIII. Outras obras deste período inclúen tres sinfonías: a Symphonie des Psaumes (1930), Sinfonía en Do (1940) e a Sinfonía en Tres Movementos (1945).

Apollon (1928), Persephone (1933) e Orpheus (1947) exemplifican, non só o retorno de Stravinski á música do clasicismo, senón tamén a súa exploración de temas do antigo mundo clásico como a mitoloxía grega. En 1951 rematou a súa derradeira obra neoclásica, a ópera The Rake's Progress, con libreto de W. H. Auden que estaba baseado en grabados de William Hogarth. Estreouse en Venecia ese mesmo ano e foi producida por toda Europa durante o ano seguinte, antes de ser posta en escena na Metropolitan Opera de Nova York en 1953.[5] Foi porta en escena pola Santa Fe Opera no Stravinsky Festival de 1962, en honor ao 80 aniversario do compositor e foi revivida pola Metropolitan Opera en 1997.

Período serial (1954–1968)

Nos anos '50, Stravinski comezou a empregar técnicas compositivas como o dodecafonismo, a técnica ideada orixinalmente por Arnold Schoenberg.[6] Primeiramente experimentou con técnicas seriais non-dodecafónicas unha pequena escala vocal e obras de cámara como a Cantata (1952), o Septeto (1953) e Tres cancións para Shakespeare (1953). A primeira das súas composicións baseada nestas técnicas foi In Memoriam Dylan Thomas (1954). Agon (1954–57) foi a primeira das súas obras que incluiu series dodecafónicas, e Canticum Sacrum (1955) foi a primeira peza que contivo un movemento enteiramente baseado nun tono fila.[7] Stravinsky expandiu o seu emprego do dodecafonismo a traballos como Threni (1958) e A Sermon, a Narrative, and a Prayer (1961), que están baseados en textos bíblicos,[8] e The Flood (1962), que mestura brevas textos bíblicos do Xénese con pasaxes de York e Chester Mystery Plays.[9]

Notas

  1. Wenborn 1985, p. 17, alude ao seu comentario, sen dar unha fonte específica.
  2. Stravinsky 1936
  3. See Eksteins 1989, pp. 10–16, para unha visión xeral da reportaxe contraditoria do evento polos participantes e a prensa.
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Walsh 2001
  5. Griffiths, Stravinsky, Craft, and Josipovici 1982, pp. 49–50.
  6. Craft 1982.
  7. Straus 2001, p. 4.
  8. White 1979, p. 510.
  9. White 1979, 517.

Véxase tamén

Ligazóns externas