Puerto del Rosario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: oc:Puerto del Rosario
HiW-Bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: zh:普埃尔托德尔罗萨里奥
Liña 109: Liña 109:
[[uz:Puerto del Rosario]]
[[uz:Puerto del Rosario]]
[[war:Puerto del Rosario]]
[[war:Puerto del Rosario]]
[[zh:普埃尔托德尔罗萨里奥]]

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2012 ás 06:48

Modelo:Cidade Puerto del Rosario é un municipio español, capital da illa de Fuerteventura, provincia das Palmas, Canarias. Forma unha franxa desde a costa oeste á leste.

Historia

Segundo varios autores, o caserío inicial de Puerto de Cabras estableceuse cara a finais do século XVIII e desenvolveuse en paralelo ao crecemento do tráfico marítimo do seu porto, declarado habilitado para a exportación en 1713.

En 1812 as Cortes de Cádiz iniciaron unha serie de cambios entre os que se incluía a creación de novos municipios, establecéndose en Fuerteventura un por cada parroquia existente naquel o momento. Así xurdiron Antigua, Betancuria, Casillas del Ángel, La Oliva, Pájara, Tetir e Tuineje, sendo Puerto de Cabras dependente de Tetir.

Anos despois, o 30 de decembro de 1834, mediante Orde Gubernativa, créase o municipio, independente de Tetir, comezando a funcionar como tal o 1 de febreiro de 1835 con Lázaro Rugama Nieves como primeiro alcalde. Durante ese ano, delimitouse o termo municipal, entregándose oficialmente o 13 de febreiro de 1836. Dez anos despois, o 12 de agosto de 1846 os municipios de Casillas del Ángel, Puerto de Cabras e Tetir, ratificaron o deslinde.

Imaxe de Playa Blanca con marea alta.

Aos poucos vanse instalando no municipio as distintas institucións da administración e o goberno, converténdoo en capital en 1860, substituíndo a Betancuria, capital da illa ata entón.

Entre os anos 1876 e 1899 xorden unha serie de conflitos territoriais entre Tetir e Puerto de Cabras, que finalmente foron resoltos a favor de Tetir. Anos máis tarde, chega unha nova demarcación da capital da illa e así Tetir e Casillas del Ángel pasan a ser parte do termo municipal como Distritos Censales o 24 de xuño de 1925 e o 21 de setembro de 1926 respectivamente.

En 1936 o coronel Jesús Ferrer Gimeno, gobernador civil, ordena mediante a circular 630 a disolución do concello republicano e establece unha Comisión Xestora integrada por Esteban Domínguez Cabrera, Luis Rodríguez de Vera, Isidro González Díaz e Benito Herrera Cruz. A comisión xestionou o municipio ata o 6 de febreiro de 1949, momento no que tomaban posesión do seu cargo os novos concelleiros elixidos por decreto o 30 de setembro de 1948.

O 19 de febreiro de 1954 o Consello de Ministros aproba a Carta Económica Municipal dos concellos de Fuerteventura, permitindo o saneamento da economía municipal. Nesta época, empeza a exporse a necesidade de cambiar de nome ao municipio, cambio que se aproba no Consello de Ministros o 16 de marzo de 1956, pasando a chamarse Puerto del Rosario, nome que mantén actualmente.

Durante os anos 1960, moitos habitantes da illa emigran a outras illas e ao Sáhara e a capital vai crecendo aos poucos debido á chegada de xente procedente dos pobos do interior.

En 1976, tras a morte de Franco e coa descolonización do Sáhara, o Terzo Don Juan de Austria 3º da Lexión, ao mando do Coronel Pallás, chega a Puerto del Rosario, permanecendo na illa ata 1995. Sendo ben recibida ao principio, aínda que non por todos os seus habitantes, a chegada da Lexión trouxo, por unha banda, a dinamización da economía tanto da capital como da illa no seu conxunto, e por outra, os problemas e conflitos propios dun repentino crecemento da poboación.

Coa transición chega unha perda de interese pola política municipal que se fai patente coa chegada a alcalde en 1979 de Fermín Vera Moséguez tras renunciar ao posto os alcaldes anteriores. A pesar das dificultades desta época, Puerto del Rosario iniciou a etapa democrática na que se atopa hoxe en día.

Na actualidade, varios colectivos e personalidades expón a recuperación do antigo nome da capital, Puerto de Cabras.

Demografía

Os seus principais núcleos de poboación son Puerto del Rosario, Casillas del Ángel (termo independente ata 1926), Tetir (termo independente ata 1925) e La Asomada.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
506 3.441 4.252 6.680 13.878 21.274 35.702

Entorno

Entre as súas praias destacan as de Jarugo, Puerto Lajas e Playa Blanca, que ofrecen as condicións necesarias para a prácticas de deportes acuáticos como o surf e o windsurf. No seu territorio atópanse dous espazos naturais protexidos, o Parque Rural de Betancuria e a Paisaxe Protexida de Vallebrón, que se estenden tamén por outros municipios.

Transportes

Terminal de pasaxeiros do Aeroporto de Fuerteventura.

Aeroporto

Artigo principal: Aeroporto de Fuerteventura.

Principal punto de acceso á illa. As súas instalacións están capacitadas, segundo Aena, para dar servizo a cinco millóns de pasaxeiros ao ano (entre chegadas e saídas). Atópase situado en El Matorral, a cinco quilómetros de Puerto del Rosario. Está conectado aos distintos municipios mediante varias liñas de guaguas (autobuses).

Portos

A actividade principal do porto de Puerto del Rosario é o tráfico de mercancías aínda que as súas instalacións permiten a atracada de cruceiros turísticos. Actualmente estase ampliando e construíndo un porto deportivo.

Estradas

Desde Puerto del Rosario saen as dúas vías principais da illa. A FV-1 une a capital con Corralejo, ao norte, e a FV-2 con Jandía, ao sur. Ambas as estradas discorren bordeando a costa da illa.

O crecemento de Fuerteventura fixo que estas vías véxanse saturadas e cun alto índice de sinistralidade. Por iso, estanse levando a cabo melloras en distintos tramos desta estrada que, no futuro, preténdese converter no eixo norte-sur que unha Morro Jable con Corralejo.

Actualmente estase finalizando a construción dunha estación de guaguas. Esta estación, que contará con espazo para 15 guaguas normais e dúas articuladas de grandes dimensións, dará servizo tanto ás guaguas municipais como ás liñas que unen as distintas poboacións da illa.

Véxase tamén

Ligazóns externas