A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nemigo (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
carro>coche
Liña 13: Liña 13:
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa [[SEAT]] sacou ao mercado un carro chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun carro debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[SEAT Arousa|Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
A finais dos anos noventa [[SEAT]] sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[SEAT Arousa|Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o [[A Coruña|Concello da Coruña]] polo nome da cidade. O entón alcalde [[Paco Vázquez]] levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio [[Carlos Callón]] lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por [[Antonio Fraga Mandián]], xuíz decano da [[A Coruña|Coruña]], por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar ''La Coruña''. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2012 ás 00:21

Ficheiro:Galego Animacion.gif
Promoción do emprego do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Traxectoria

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é Carlos Callón e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios [2].

Actividade

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por Antonio Fraga Mandián, xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

Notas

  1. Así reflectido na súa Carta fundacional.
  2. Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5

Véxase tamén

Ligazóns externas