Francisco Vázquez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Paco Vázquez")
Francisco Vázquez Vázquez

Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
23 de maio de 1983 – 24 de marzo de 2006
Precedido por Joaquín López Menéndez
Sucedido por Javier Losada

Escudo de España (mazonado).svg
Embaixador de España no Vaticano
2006 – 2011

Logo PSdeG.svg
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
1980 – 1982
Precedido por José Luis Rodríguez Pardo
Sucedido por Antonio Rodríguez Rodríguez

1993 – 1998
Precedido por Antolín Sánchez Presedo
Sucedido por Emilio Pérez Touriño

Escudo de España (mazonado).svg
Deputado nas Cortes Xerais de España
por provincia da Coruña
1979 – 1981

1982 – 2000

Escudo del Senado de España.svg
Senador nas Cortes Xerais de España
por provincia da Coruña
2000 – 2006

FEMP (logotipo).svg
Presidente da FEMP
por PSOE
1991 – 1995
Precedido por Tomás Rodríguez Bolaños
Sucedido por Rita Barberá

2003 – 2006
Precedido por Rita Barberá
Sucedido por Heliodoro Gallego

Datos persoais
Nacemento 9 de abril de 1946 (70 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE (até 2014)
Profesión Avogado, Inspector de Traballo, político
Residencia A Coruña

Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paseo marítimo da Coruña
Paco Vázquez no enterro de Fraga Iribarne

Estudou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. No ano 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade [1]. En febreiro de 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, é elixido Secretario Xeral dos socialistas galegos, e forma parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, presentándose á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas. Como deputado no Parlamento de Galicia encabezou a oposición ao establecemento da capitalidade en Santiago propoñendo que A Coruña fora a sede das institucións autonómicas

En 1983 gañou as eleccións locais na Coruña, obtendo o maior apoio electoral nunha capital de provincia, con máis dun 60 por cento dos votos[Cómpre referencia]. Volvería a obter maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, aínda que esta última vez dun xeito bastante axustado.

Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e varias lexislaturas Senador. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en dúas ocasións.

Entre outros títulos posúe o de Cabaleiro da Orde do Imperio Británico[2] e a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.[3]

De carácter conservador e constantemente enfrontado ao nacionalismo galego, mantivo sempre posturas de seu, independentes das oficiais do seu partido: republicano e socialdemócrata, confésase católico practicante e respectuoso coa monarquía.

Destacou pola súa longa batalla polo topónimo castelán da cidade, e a súa feroz oposición á utilización oficial en exclusiva do nome galego "A Coruña", en contra das leis de normalización da comunidade galega.

A súa pegada na cidade da Coruña, tras 23 anos de goberno destacan as obras do Paseo Marítimo (ao que se lle puxo o seu nome despois da súa marcha da alcaldía), a rede de Museos Científicos, os Pazos da Ópera e de Congresos, o Coliseum, o Fórum Metropolitano, parques como os de San Pedro, Bens ou San Diego, barrios coma Os Rosales, Paseo das Pontes, Matogrande ou Novo Mesoiro e doutras medidas como a creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, a da Universidade da Coruña, a Planta de Tratamento de Residuos de Nostián, así como a consecución das obras do Porto Exterior.

Algunhas das súas decisións estiveron envoltas de polémica, en especial na súa última época á fronte de María Pita. O derrubo do Asilo de Adelaida Muro, a instalación de amarres deportivos na Dársena da Mariña, a farmacia de Adormideras, as terrazas da Praza de María Pita ou a instalación dunha bandeira española na Coraza do Orzán tras o desfile das Forzas Armadas do ano 2005, provocando polémica esta última decisión no nacionalismo local, son boa mostra diso. Ademais outras polémicas como a do topónimo castelán, a capitalidade da comunidade autónoma ou a reclamación dunha diocese para a cidade, independente da compostelá, acompañárono de forma constante durante toda a súa traxectoria política.

Deixou o posto na alcaldía o 10 de febreiro de 2006, cando o goberno español o nomeou embaixador no Vaticano[4], cargo que mantivo até abril de 2011.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi condecorado, entre outras,[5] con:

  • Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Pío IX.
  • Orde do Imperio Británico[2].
  • Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica[3].
  • Gran Cruz da Orde de Malta.
  • Cabaleiro da Gran Cruz da Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Jorge.
  • Gran Cruz Fidélitas.
  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
  • Gran Cruz da Orde de Alfonso X el Sabio.
  • Gran Cruz do Mérito Militar.
  • Gran Cruz do Mérito Naval.
  • Orde do Mérito Constitucional.
  • Gran Cruz da Orde Real do príncipe Danilo I (Montenegro).
  • Medalla de Ouro da Coruña.
  • Gran mestre de honor da Orde de Cabaleiros de María Pita.
  • Fillo Predilecto da Coruña.
  • En 2009 foi galardoado co Premio Fernández Latorre[6].


Predecesor:
Joaquín López Menéndez (LCU)
Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña

1983 – 2006
Sucesor:
Javier Losada
Predecesor:
Ningún
Secretario Xeral do PSdG
19771985
Sucesor:
Antolín Sánchez Presedo
Predecesor:
Antolín Sánchez Presedo
Secretario Xeral do PSdG
19931998
Sucesor:
Emilio Pérez Touriño
Predecesor:
Tomás Rodríguez Bolaños
Presidente da FEMP
19911995
Sucesor:
Rita Barberá
Predecesor:
Rita Barberá
Presidente da FEMP
20032006
Sucesor:
Heliodoro Gallego

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]