Península de Arabia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: pnb:جزیرے ورگا عرب
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Arabian Peninsula dust SeaWiFS.jpg|thumb|300px|Vista satélite da península arabiga.]]
[[Ficheiro:Arabian Peninsula dust SeaWiFS.jpg|miniatura|300px|Vista satélite da península arabiga.]]
A '''Arabia''' é unha vasta [[península]] localizada en [[Oriente medio]], na xunta de [[África]] e [[Asia]], ao leste de [[Etiopía]] e ao norte de [[Somalia]], ao sur de [[Palestina]], [[Xordania]] e [[Mesopotamia]], e ao suroeste do [[Irán]]. É unha rexión maioritariamente de [[deserto|clima desértico]] que forma o [[deserto de Arabia]] e é tamén coñecida como '''Península Árabe''' ou '''Arábica'''.
A '''Arabia''' é unha vasta [[península]] localizada en [[Oriente medio]], na xunta de [[África]] e [[Asia]], ao leste de [[Etiopía]] e ao norte de [[Somalia]], ao sur de [[Palestina]], [[Xordania]] e [[Mesopotamia]], e ao suroeste do [[Irán]]. É unha rexión maioritariamente de [[deserto|clima desértico]] que forma o [[deserto de Arabia]] e é tamén coñecida como '''Península Árabe''' ou '''Arábica'''.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 18:10

Vista satélite da península arabiga.

A Arabia é unha vasta península localizada en Oriente medio, na xunta de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Historia e características

A Arabia limita co Mar Vermello e mailo golfo de Aqaba ao suroeste, co mar Arábigo ao sueste e co golfo de Omán e mailo golfo Pérsico ao nordés.

Na actualidade está conformada polos seguintes países:

  • Arabia Saudí - 1.960.582 quilómetros cuadrados - 24.300.000 habitantes
  • Iemen - 527.970 quilómetros cuadrados - 20.000.000 habitantes
  • Omán - 212.460 quilómetros cuadrados - 3.000.000 habitantes
  • Emiratos Árabes Unidos - 83.600 quilómetros cuadrados - 3.500.000 habitantes
  • Qatar - 11.437 quilómetros cuadrados - 770.000 habitantes
  • Bahrain - 665 quilómetros cuadrados - 670.000 habitantes

Arabia Saudita é o país de maior superficie dentro da Arabia, por iso ás veces confúndese o nome da península completa con este país que, alén diso, exerce unha grande influencia sobre os seus viciños.

A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos nómades, debido a que a escaseza de auga e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a agricultura. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No século XX, o achado de enormes reservas de petróleo e gas natural na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atopanse entre as máis ricas do mundo.

A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de hidrocarburos fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.

A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os beduínos continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.

Medina e A Meca, as dúas cidades sagradas do Islam atópanse na Arabia. Os musulmáns deben peregrinar a Meca ao menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de millares de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.