Morcego rabudo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: uk:Tadarida teniotis |
m left -> esquerda |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
== Distribución == |
== Distribución == |
||
[[Ficheiro:Dist Morcego rabudo GZ.svg|200px| |
[[Ficheiro:Dist Morcego rabudo GZ.svg|200px|esquerda|thumb|Distribución do morcego rabudo en Galicia]] |
||
Ocupa unha estreita franxa [[latitude|latitudinal]] circunmediterránea, que abrangue o sur de [[Europa]] e norte de [[África]], [[Afganistán]], [[China]] e [[Corea]], chegando até [[Xapón]] e a illa de [[Illa de Flores, Indonesia|Flores]] ([[Indonesia]]). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, [[España]], sueste de [[Francia]], sur de [[Suíza]], [[Italia]] e costas adriáticas até [[Grecia]], incluíndo [[Madeira]], [[Canarias]] e as illas mediterráneas. |
Ocupa unha estreita franxa [[latitude|latitudinal]] circunmediterránea, que abrangue o sur de [[Europa]] e norte de [[África]], [[Afganistán]], [[China]] e [[Corea]], chegando até [[Xapón]] e a illa de [[Illa de Flores, Indonesia|Flores]] ([[Indonesia]]). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, [[España]], sueste de [[Francia]], sur de [[Suíza]], [[Italia]] e costas adriáticas até [[Grecia]], incluíndo [[Madeira]], [[Canarias]] e as illas mediterráneas. |
||
Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 22:58
Morcego rabudo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Tadarida teniotis Rafinesque, 1814. | |||||||||||||||||||
Mapa de distribución de T. teniotis.
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.
É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.
A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é .
Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.
Distribución
Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.
Hábitat
Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a gran altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.
Ameazas
Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.
Notas
- (en castelán)'' Tadarida teniotis no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente de España (MMA). Arquivo en pdf. 02/01/2012.
- ''(en inglés)'' "Mammal Species of the World": Tadarida teniotis en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): "Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference". 3ª ed. Johns Hopkins University Press. Baltimore. 2005. 02/01/2012.
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego rabudo |
- Tadarida teniotis (como Nyctinomus taeniotis) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímil electrónico.