Paraíba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: mg:Paraíba
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hr:Paraíba
Liña 89: Liña 89:
[[ga:Paraíba]]
[[ga:Paraíba]]
[[he:פאראיבה]]
[[he:פאראיבה]]
[[hr:Paraíba]]
[[ia:Paraíba]]
[[ia:Paraíba]]
[[id:Paraíba]]
[[id:Paraíba]]

Revisión como estaba o 20 de maio de 2012 ás 21:51

Paraíba
Capital João Pessoa
Superficie 56.439,8 km²
Poboación 3.444.794 (Censo 2000)
Densidade de poboación 61,03 hab./km²;
Gobernador Cássio Cunha Lima
Fuso horario GMT-3
Mapa do Brasil co Estado


A Paraíba é un estado brasileiro sitúado a leste da Rexión Noreste. Limita ao norte co Rio Grande do Norte, ao leste co océano Atlántico, ao sur con Pernambuco, e ao oeste con Ceará. Ten unha superficie de 56.439,8 km².

A capital é a cidade de João Pessoa. Outras cidades importantes son Campina Grande, Santa Rita, Patos e Souza.

Xeografía

Uns 66% do territorio do estado encóntranse entre os 300 e os 900 metros de altitude. O punto máis alto do estado é o Pico do Jabre, que ten unha altitude de 1.197 msnm.

Relevo

Serra da Copaoba.

Grande parte do territorio do estado é constituída por rochas resistentes e moi antigas, do Pre-Cambriano, con máis de 2,5 mil millóns de anos. Elas forman un complexo cristalino que favorece a ocorrencia de minerais metálicos, non metálicos e xemas. Os sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos tamén resultan da grande idade xeolóxica destes terreos.

  • no litoral, temos a planicie costeira, formada por praias e terras areosas.
  • no Agreste temos depresións de relevo e tamén o Planalto de Borborema, con algunhas serras.
  • no sertão temos depresións de relevo.

Ríos

Río Mamanguape.

Os ríos do estado corren en dúas direccións:

  • os ríos litoráneos nacen no Planalto da Borborema e seguen para o este ata o océano Atlántico. Os principais son o Paraíba (co 360 km de extensión, é o maior do estado), o Curimataú e o Mamanguape. Son ríos perennes, que non desaparecen durante os meses secos.
  • os ríos sertanexos seguen para o estado do Rio Grande do Norte. O principal é o Río Piranhas. Son en xeral ríos temporáneos, que desaparecen na estación seca.

Clima

Tropical húmido no litoral, con chuvias máis abundantes. Despois do Planalto da Borborema (que funciona como unha barreira aos ventos húmidos) o clima tornase semi-árido, con secas que poden durar case un ano.

Vexetación

O estado presenta apenas uns pequenos remanecentes da floresta tropical orixinal, que existía cando os portugueses arribaron. Outro ecosistema moi modificado é o manglar costeiro, que en algunhas zonas foi aterrado para a ocupación humana.

A vexetación nativa do Planalto da Borborema e do sertão é a caatinga, formada por árbores e arbustos resistentes ás secas prolongadas, que perden as follas para conservar a humidade.