Diferenzas entre revisións de «Esmerdis»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Medos
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sv:Smerdis)
m (Medos)
Debido ao goberno despótico de Cambises e á súa longa estancia en Exipto, o pobo enteiro (persas, medos e o resto de nacións do imperio) recoñeceu ao usurpador, especialmente cando este autorizou a baixada dos impostos durante tres anos ([[Heródoto]], iii. 68).
 
Decatado destes feitos, Cambises emprendeu a marcha desde Exipto contra o usurpador, pero comprobando que non quedaban esperanzas para a súa causa, acabou suicidándose na [[primavera]] do ano [[-521|521 a.C.]]. Segundo nos conta o propio Darío, o verdadeiro nome do usurpador era [[Gaumata]], un sacerdote [[mago]] de [[Medos|Media]]; este nome foi preservado por [[Xustino]] (i. 9), pero adxudicado ao irmán do usurpador, quen é sinalado como o verdadeiro instigador da intriga, e o cal recibe á súa vez o nome de ''Oropastes'' (''Patizeithes'' segundo Heródoto; segundo Ctesias, ''Sphendadates'' ou ''Esfendádates'').
 
A historia do falso Esmerdis é narrada por Herodoto e Ctesias de acordo coa tradición oficial, recollida na inscrición de Behistún; antes de morrer, Cambises confesou publicamente o asasinato do seu irmán, polo cal a fraude do usurpador que se facía pasar por Esmerdis quedou ao descuberto. Pero, como nos conta Darío, ninguén se atreveu a opoñerse ao usurpador, quen gobernou todo o imperio durante sete meses. Algúns contratos que datan do seu reinado foron achados en [[Babilonia]], nos que aparece o nome ''Barziya''. A inscrición de Darío explica que o falso Esmerdis destruíu algúns templos (que Darío mandou reconstruír máis tarde, durante o seu reinado), e trasladou as casas e rabaños de moitas xentes ([[Inscrición de Behistún]], i. 14), o cal provocou un gran malestar entre os pobos do imperio.
107.249

edicións

Menú de navegación