Alceo de Mitilene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alceo de Mitilene
Alcaeus (poet) - Project Gutenberg eText 12369.png
Datos persoais
Nacemento 620 a.C.
Falecemento século VI a. C.
Actividade
Lingua Grego antigo (dialecto eólico)
Xéneros Lírica

Alceo (en grego antigo Ἀλκαῖος), nado cara ao 620 a.C. e finado no século VI a. C., foi un poeta lírico grego, contemporáneo, rival e talvez amante de Safo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alceo pertencía á clase aristocrática de Mitilene e a súa familia opúñase aos tiranos da cidade (Melancro, Mirsilo, Pítaco) que se apoiaban nasà clases populares. Os seus irmáns maiores combateran a Melancro e o mesmo Alceo participou nun complot contra Mirsilo, polo que se tivo que se exiliar a Pirra, ao sur da illa. Volveu á morte deste grazas á moderación de Pítaco, aínda que tivo que exilarse outra vez, máis tempo, a Exipto. Volveu no 580 a. C. cando Pítaco declarou a amnistía. Alceu participou na guerra de Lesbos polo control de Sixeo contra Atenas.

Alceo escribiu no dialecto eólico. Consérvanse uns 200 fragmentos das súas poesías, himnos, odas para banquetes e epigramas, chegados a nós a través dos gramáticos antigos e en citas de Píndaro, mais uns achados en papiros exipcios. Inventou unha rima, chamado verso alcaico, que máis tarde empregou Horacio.

Alceo cantou á guerra, a acción militar e contra a tiranía. Reflexiona sobre a sorte da súa cidade, tinxíndoa de dor e nostalxia pola derrota e o exilio. Ademais deste compromiso civil, no que deixa traslucir o odio, presenta cantos de amor e de gozo da alegría inscritos nunha recreación da paisaxe e da violencia das estacións. O estilo é áspero e sobrio.