Xosé López Calo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
imaxe e cat
Sen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:


[[Categoría:Personalidades da música de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da música de Galicia]]
[[Categoría:Sacerdotes]]
[[Categoría:Nados en Porto do Son]]
[[Categoría:Nados en Porto do Son]]

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2011 ás 12:43

Ficheiro:Xosé López Calo na homenaxe da banda de música 2011.jpg
Xosé López Calo en 2011.

Xosé López Calo, nado o 4 de febreiro de 1922 en Nebra, Porto do Son, é un musicólogo galego.

Traxectoria

Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas e en Musicoloxía no Instituto Pontificio de Música Sagrada en Roma. É tamén licenciado en Teoloxía. Socio fundador das sociedades de musicoloxía de España e Italia. É membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes. Foi Secretario Xeral da Sociedade Internacional de Música Sagrada e Vicerreitor do Instituto Pontificio. Impulsou o estudo e a investigación sobre a música do Arquivo da Catedral de Santiago, e a reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Así como a constitución do Coro Campus Stellae.

Na súa vida persoal é un relixioso xesuíta.

Galardóns e recoñecementos