Preservativo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: bar:Kondom |
m r2.7.1) (bot Engadido: nn:Kondom |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
[[my:ကွန်ဒုံး]] |
[[my:ကွန်ဒုံး]] |
||
[[nl:Condoom]] |
[[nl:Condoom]] |
||
[[nn:Kondom]] |
|||
[[no:Kondom]] |
[[no:Kondom]] |
||
[[pl:Prezerwatywa]] |
[[pl:Prezerwatywa]] |
Revisión como estaba o 10 de abril de 2011 ás 14:57
O preservativo, tamén chamado condón ou profiláctico, é unha funda de goma natural ou artificial, látex, poliuretano que se pon no pene en erección antes de realizar o acto sexual e que retén o seme no caso de preservativo masculino, ou adaptada a morfoloxía feminina para colocar na vaxina e recibir o seme, no caso de preservativo feminino. Utilizase como método de anticoncepción e tamén se usa de xeito profiláctico para evitar a transmisión de ETS. Tamén chamase condón. Orixinalmente o preservativo era para uso masculino, pero na actualidade existen tanto para homes como para mulleres [Cómpre referencia].
Orixe
En Exipto, polo menos desde hai 3000 anos, utilizábanse fundas de tea sobre o pene. A lenda do rei grego Minos (1200 a. C.) fai referencia ao emprego de vexigas natatorias de peixe ou vexigas de cabra para reter o seme. Os preservativos máis antigos do mundo que se conservan foron atopados en Inglaterra, en escavacións feitas nos oitenta no Castelo de Dudley e teñen polo menos 450 anos.