Misión Biolóxica de Galicia: Diferenzas entre revisións
categorías |
Sen resumo de edición |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
* '''Parcela'''. Consta de doce hectáreas, das que dez son cultivables. Está dividida en lotes cuxa división e denominación obedecen ó seu uso orixinal. Nun deles consérvase un bosque autóctono e outros están dedicados a [[xardín]]s, nos que destaca a colección de [[camelia]]s. Na parcela hai varias construcións, entre as que destacan un cenador, un [[estanque]] e diversos conxuntos de mesas e bancos de pedra. Consérvanse tamén un hórreo e un [[lagar]]. |

* '''Pazo de Gandarón'''. Foi construído polo arcebispo Sebastián Malvar a finais do [[século XVIII]] como residencia familiar. |
* '''[[Pazo da Carballeira de Gandarón]]'''. Foi construído polo arcebispo Sebastián Malvar a finais do [[século XVIII]] como residencia familiar. |
||
* '''Edificio Miguel Odriozola'''. Foi construído na década de [[1940]] para a cría de porcos, dentro dunha liña de investigación sobre [[xenética]] animal iniciada por [[Miguel Odriozola]] na anterior década. Ó se extinguir esta investigación en [[1987]], decidiuse a remodelación do edificio, que foi realizada entre [[2002]] e [[2003]] polo arquitecto Mauro Lomba. |

* '''Edificio Cruz Gallástegui'''. Foi construído na década de [[1960]] polo arquitecto [[Alejandro de la Sota]], sendo a primeira obra deste arquitecto. A súa construción tiña por obxecto albergar as oficinas que ata o momento estaban no pazo. O edificio foi ocupado en [[1969]]. |

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2011 ás 21:42
A Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Na actualidade conta con 13 científicos e 7 investigadores postdoctorais entre o seu persoal. As súas instalacións constan de tres edificios principais e varios secundarios, dispostos nunha parcela de doce hectáreas propiedade da Deputación de Pontevedra. O financiamento da Misión Biolóxica provén fundamentalmente dos orzamentos xerais do Estado e da Deputación de Pontevedra.
Historia
A Misión Biolóxica de Galicia foi creada pola Xunta para Ampliación de Estudios e Investigacións Científicas en abril de 1921. A súa primeira sede foi a Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela, dirixida por Cruz Gallástegui. A Misión permaneceu en Compostela ata 1926, cando desapareceu a Escola de Veterinaria. En 1927 a Deputación de Pontevedra ofreceulle un novo local á Misión Biolóxica, que se traslada primeiro a Campolongo e máis adiante ó pazo que foi do arcebispo Malvar en Salcedo, onde permaneceu ata hoxe.
Instalacións
O edificio orixinal da finca era o pazo de Gandarón, que contaba ó comezo cun hórreo, un pombal, dous miradores e varios celeiros e cortellos. Para adaptalo ó seu novo uso, o edificio sufriu reformas que o transformaron en oficinas e laboratorios. Posteriormente construíronse naves destinadas para a cría de porcos, que máis adiante foron reconvertidas en laboratorios e oficinas.
- Parcela. Consta de doce hectáreas, das que dez son cultivables. Está dividida en lotes cuxa división e denominación obedecen ó seu uso orixinal. Nun deles consérvase un bosque autóctono e outros están dedicados a xardíns, nos que destaca a colección de camelias. Na parcela hai varias construcións, entre as que destacan un cenador, un estanque e diversos conxuntos de mesas e bancos de pedra. Consérvanse tamén un hórreo e un lagar.
- Pazo da Carballeira de Gandarón. Foi construído polo arcebispo Sebastián Malvar a finais do século XVIII como residencia familiar.
- Edificio Miguel Odriozola. Foi construído na década de 1940 para a cría de porcos, dentro dunha liña de investigación sobre xenética animal iniciada por Miguel Odriozola na anterior década. Ó se extinguir esta investigación en 1987, decidiuse a remodelación do edificio, que foi realizada entre 2002 e 2003 polo arquitecto Mauro Lomba.
- Edificio Cruz Gallástegui. Foi construído na década de 1960 polo arquitecto Alejandro de la Sota, sendo a primeira obra deste arquitecto. A súa construción tiña por obxecto albergar as oficinas que ata o momento estaban no pazo. O edificio foi ocupado en 1969.
Obxectivos
O obxectivo xeral da Misión Biolóxica é desenvolver material xenético para a agricultura que teña menores necesidades de abonado e rego, que sexa tolerante ó estres biótico e abiótico e que teña maior calidade. Paralelamente inténtase profundar no coñecemento daqueles procesos xenéticos que interveñen na adaptación e na evolución, na resistencia ó estres e na calidade das especies vexetais cultivadas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Misión Biológica de Galicia. Sitio web. (en castelán)