Xulio César: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: tr:Jül Sezar
YurikBot (conversa | contribucións)
Liña 55: Liña 55:
[[it:Gaio Giulio Cesare]]
[[it:Gaio Giulio Cesare]]
[[ja:ガイウス・ユリウス・カエサル]]
[[ja:ガイウス・ユリウス・カエサル]]
[[jbo:iulius.kaisar]]
[[ka:იულიუს კეისარი]]
[[ka:იულიუს კეისარი]]
[[ko:율리우스 카이사르]]
[[ko:율리우스 카이사르]]
Liña 83: Liña 84:
[[tr:Jül Sezar]]
[[tr:Jül Sezar]]
[[uk:Цезар Гай Юлій]]
[[uk:Цезар Гай Юлій]]
[[vi:Julius Caesar]]
[[zh:恺撒]]
[[zh:恺撒]]

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2006 ás 19:51

Ficheiro:Hw-caesar.jpg
Busto de Xulio César

Caio Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar) (13 de xullo do 100 aXC - 15 de marzo do 44 aXC) foi un líder político e militar da Antiga Roma que conquistou a Gallia Comata, estendendo o Imperio romano ata o Océano Atlántico. Xulio César casou tres veces, con Cornelia Cinilla, Pompeia Sulla e finalmente con Calpurnia Pisonis.

Procedente dunha das máis antigas familias do patriciado romano, os Xulios, foi educado esmeradamente con mestres gregos. Pasou unha xuventude disipada, na que comezou axiña a achegarse ao partido político "popular", ao cal o unía a súa relación familiar con Mario. Gañou o apoio da plebe subvencionando festas e obras públicas. E foi acrecentanto o seu prestixio nos diferentes cargos que ocupou: cuestor (no ano 69 aXC), edil (65), gran pontífice (63), pretor (62) e propretor da Hispania Ulterior (61-60 aXC).

De volta a Roma, conseguiu un gran éxito político ao reconciliar os dous líderes rivais, Craso e Pompeio, aos que uniu consigo mesmo mediante un acordo privado para repartírense o poder formando un triunvirato e así opoñerse aos optimates que dominaban o Senado (60). Ao ano seguinte, César foi elixido cónsul e as medidas que adoptou viñeron a acrecentar a súa popularidade: repartiu lotes de terra entre veteranos e parados, aumentou os controis sobre os gobernantes provinciais e deu publicidade ás discusións do Senado.

Pero a ambición política de César ía máis alá e, buscando a base para obter un poder persoal absoluto, fíxose conceder por cinco anos -do 58 ao 51- o control de varias provincias: (Galia Cisalpina, Galia Narbonense e Iliria). O triunvirato foi fortalecido polo Convenio de Luca (56), que aseguraba vantaxes para cada un dos seus compoñentes; pero respondía a un equilibrio inestable, que habería de evolucionar cara á concentración do poder nunha soa man. Craso morreu durante unha expedición contra os partos (53) e a rivalidade entre César e Pompeio non encontrou freo unha vez morta Xulia, a filla daquel, casada con este (54). No entanto, César lanzárase á conquista do resto das Galias, que non só completou, se non que asegurou lanzando dúas expedicións a Britania e outras dúas a Xermania, cruzando o río Rin. Con isto chegou a dominar un vasto territorio, que oferecía a Roma unha obra comparable á de Pompeio en Oriente. O prestixio e o poder acadados por César preocuparon a Pompeio, elixido cónsul único en Roma en medio dunha situación de caos polas loitas entre mercenarios (52). Conminado polo Senado a licenciar as súas tropas, César preferiu enfrontarse a Pompeio, a quen o Senado confiara a defensa da República como última esperanza de salvagardar a orde oligárquica tradicional. Tras pasar o río Rubicón -que marcaba o límite da súa xurisdición-, César iniciou unha guerra civil de tres anos (49-46) na que resultou vitorioso: conquistou primeiro Roma e Italia, despois invadiu Hispania; e finalmente dirixiuse a Oriente, onde se refuxiara Pompeio. Perseguindo a este, chegou a Exipto, onde aproveitou para intervir nunha disputa sucesoria da familia faraónica, tomando partido en favor de Cleopatra ("Guerra alexandrina", 48-47). Asasinado Pompeio en Exipto, César proseguiu a loita contra os seus partidarios. Primeiro tivo que vencer o rei do Ponto, Farnaces, na batalla de Zela (47), que definiu coa súa sonada sentencia "veni, vidi, vici" ("cheguei, vin e vencín"); despois derrotou os últimos pompeístas que resistían en África (batalla de Tapso, 46) e os propios fillos de Pompeio en Hispania (batalla de Munda, preto de Córdoba, 45). Vencedor en tan longa guerra civil, César calou os descontentos repartindo dádivas e recompensas durante as celebracións que organizou en Roma pola vitoria.

Morte de Xulio César, obra de Vincenzo Camuccini, 1798.

Unha vez dono da situación, César acumulou cargos e honras que fortaleceron o seu poder persoal: cónsul por dez anos, prefecto dos costumes, xefe supremo do exército, pontífice máximo (sumo sacerdote), ditador perpetuo, emperador con dereito de transmisión hereditaria,..., se ben rexeitou o diadema real que lle ofreceu Marco Antonio. O Senado foi reducido a un mero consello do príncipe. Estableceu así unha ditadura militar disimulada pola apariencia de acumulación de maxistraturas civís. Morreu asasinado nunha conxura dirixida por Casio e Bruto, que lle impediu completar as súas reformas. Porén, deixou terminadas algunhas, como o cambio do calendario (que se mantivo até o século XVI), unha nova lei municipal que concedía maior autonomía ás cidades, o reasentamento como agricultores das masas italianas proletarizadas,...; todo apuntaba a transformar Roma, da cidade-estado que fora, en cabeza dun imperio que abranguera a práctica totalidade do mundo coñecido, ao mesmo tempo que se transformaba a súa vella constitución oligárquica por unha monarquía autoritaria de tinturas populistas; a dita obra sería completada polo seu sobriño-neto e sucesor, Octavio Augusto.


Imperio Romano

Segue a:
República Romana
Xulio César
(-59--44)

Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Xulio-Claudia