Mario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario
Marcus Aurelius Marius - Antoninianus Trier (obverse).jpg
Falecemento 269
Lugar Augusta dos Tréveros
Causa Asasinato
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]
Efixie de Mario nun antoniniano.

Marcus Aurelius Marius, foi nomeado emperador do Imperio Galo no ano 269, na cidade de Maguncia, na Xermania Inferior. Chegou ao cargo pola aclamación das tropas de Póstumo, que poucos días antes morrera ás mans desas mesmas tropas, ás cales lles prohibira saquear a cidade despois de tomala.

Foi correxente con Póstumo e o seu goberno durou só 18 días, pois as mesmas tropas que o nomearan matárono ao tratar el de facer xustiza e aclarar as mortes de Póstumo, o seu fillo pequeno Póstumo II e Leliano.