Xoán Casiano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
*vintecatro -> vinte e catro
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Eliminado: hu:Johannes Cassianus
Liña 46: Liña 46:
[[es:Juan Casiano]]
[[es:Juan Casiano]]
[[fr:Jean Cassien]]
[[fr:Jean Cassien]]
[[hu:Johannes Cassianus]]
[[it:Giovanni Cassiano]]
[[it:Giovanni Cassiano]]
[[la:Ioannes Cassianus]]
[[la:Ioannes Cassianus]]

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2011 ás 12:53

Modelo:Santo

Xoán Casiano ou Cassiano, nado en Escitia Menor entre os anos 360 e 365 e finado en Marsella en 435, foi un sacerdote, asceta e Pai da Igrexa.

Traxectoria

Descoñécese o seu lugar de nacemento, probablemente Escitia Menor, na desembocadura do Danubio, aínda que é seguro que se formou en Belén e viviu durante sete anos como eremita no deserto de Exipto. Posteriormente recibiu o diaconado en Constantinopla de mans de san Xoán Crisóstomo, e foi ordenado sacerdote en Roma polo papa Inocencio I.

Cara ó 415 fundou a Abadía de San Víctor de Marsella, formada por dous mosteiros, un masculino e outro feminino, para os que redactou os seus escritos máis importantes: as Institutiones, nas que expón as obrigas do monxe e examina os vicios contra os que ten que estar prevido; e as súas vinte e catro Collationes, onde, en forma de diálogos con monxes famosos da antigüidade —como un complemento ás Institutiones— trata diversos aspectos da vida monacal, alaba a vida eremítica e indica que a vida ascética é a mellor vía para loitar contra o pecado.

Os seus escritos teolóxicos influíron nas doutrinas semipelaxianas.

Posteridade

San Bieito de Nursia recomendou ós seus monxes a lectura dos escritos de Xoán Casiano, e empregounos como fundamento para a súa regra, onde en certas pasaxes repítese palabra a palabra citas de Casiano e a mesma regra afirma que debe ser prolongada polas Conferencias dos Padres e as súas Institucións de Casiano.

Os monxes de Occidente apréciano como un dos principais mestres da vida monástica e consideran bo que lles teñan permitido beneficiarse da experiencia dos primeiros monxes de Oriente.

Despois do seu pasamento, o segundo Concilio de Orange, en 529, condenou o semipelaxianismo e deu unha formulación teolóxica da graza tal como preconizaba Santo Agostiño. O concilio pronunciouse contra os que, como Xoán Casiano de Marsella, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, daban un papel máis importante ó libre albedrío.

Isto probablemente explica porqué Xoán Casiano non foi elevado a santo da Igrexa católica romana, aínda que si se venera localmente. Algunhas localidades preto de Lérins levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.

Polo contrario, si figura no calendario de santos da Igrexa ortodoxa onde é moi estimado polos seus escritos e a súa posición sobre a graza, onde os ortodoxos se recoñecen, mellor que nas de Agostiño de Hipona. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.

Bibliografía

  • San Juan Casiano: Instituciones. Tradución en castelán por L. e P. Sansegundo, Ed. Rialp, col. Neblí n. 15, Madrid, 1957.
  • San Juan Casiano: Colaciones. Tradución en castelán por L. e P. Sansegundo, Ed. Rialp, col. Neblí nn. 19 e 20, Madrid, 1958 e 1962.