Eugene Wigner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:유진 위그너
photo 1928
Liña 11: Liña 11:
== Investigacións científicas ==
== Investigacións científicas ==


[[File:Heisenberg,W. Wigner,E. 1928.jpg|thumb|Werner Heisenberg + Eugene Wigner (1928)]]
Interesado no campo da [[mecánica cuántica]], conseguiu ser axudante de [[David Hilbert]] na Universidade de [[Göttingen]]. Na súa estancia en Göttingen conseguiu desenvolver a súa teoría sobre a [[simetría]], e no [[1927]] formulou a [[matriz Wigner D]].
Interesado no campo da [[mecánica cuántica]], conseguiu ser axudante de [[David Hilbert]] na Universidade de [[Göttingen]]. Na súa estancia en Göttingen conseguiu desenvolver a súa teoría sobre a [[simetría]], e no [[1927]] formulou a [[matriz Wigner D]].



Revisión como estaba o 17 de agosto de 2010 ás 16:19

Eugene Paul Wigner, á esquerda da fotografía

Eugene Paul Wigner (en húngaro: Wigner Jenő Pál) ( Budapest, Imperio Austrohúngaro 1902 - Princeton, EE.UU. 1995 ) foi un físico e matemático norteamericano, de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1963 polos seus estudos sobre o núcleo atómico e as partículas elementais.

Biografía

Naceu o 17 de novembro de 1902 na cidade de Budapest, naqueles momentos sita no Imperio Austrohúngaro e hoxe en día capital de Hungría, nunha familia de clase media de raíces xudías. Aos once anos foi enviado a un sanatorio das montañas de Austria para curalo da tuberculose, sendo naquel momento cando iniciou o seu interese polas matemáticas. Despois de estudar no Budapesti Evangélikus Gimnázium a súa familia convertiuse ao luteranismo, o cal lle permitiu iniciar en 1921 os seus estudos en enxeñería química no Technische Hochschule de Berlín. Participou en varios coloquios organizados pola Sociedade Física Alemá que tiveron como conferenciantes ilustres nomes como Max Planck, Max von Laue, Rudolf Ladenburg, Werner Heisenberg, Walther Nernst, Wolfgang Pauli e Albert Einstein, e no cal coñeceu o seu compañeiro de investigacións Leó Szilárd.

Morreu o 1 de xaneiro de 1995 na cidade norteamericana de Princeton, no estado de Nova Jersey adicando os últimos anos da súa vida á filosofía hinduista.

Investigacións científicas

Werner Heisenberg + Eugene Wigner (1928)

Interesado no campo da mecánica cuántica, conseguiu ser axudante de David Hilbert na Universidade de Göttingen. Na súa estancia en Göttingen conseguiu desenvolver a súa teoría sobre a simetría, e no 1927 formulou a matriz Wigner D.

A principios da década de 1930 trasladouse aos Estados Unidos fuxindo do réxime nazi, entrando a traballar na Universidade de Princeton e converténdose no cuñado do físico inglés Paul Dirac. Naqueles momentos iniciou o seus traballos ao redor do núcleo atómico, desenvolvendo unha teoría xeral sobre as reaccións nucleares, denominada Teorema de Wigner-Eckart.

O 8 de maio de 1937 conseguiu a nacionalidade norteamericana, e no 1939 foi invitado a participar no Proxecto Manhattan aínda que el sempre participou movido por un sentimento pacifista e polo uso civil dos resultados obtidos. Posteriormente participou no proxecto defensivo e de seguridade exterior do goberno dos Estados Unidos chegando a ser no ano 1946 director de investigación e desenvolvemento do Oak Ridge National Laboratory, situado en Tennessee.

En 1963 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Maria Göppert-Mayer e Johannes Hans Jensen, aínda que por traballos diferentes, polas súas contribucións na teoría do núcleo atómico e das partículas elementais, particularmente a través do descubrimento dos principios fundamentais da simetría.

Ligazóns externas



Modelo:Premios Nobel de Física