José Cornide Saavedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ligazón a galicitas
Lmbuga (conversa | contribucións)
+foto
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Casa de José Cornide, A Coruña.jpg|thumb|222px|Casa na [[A Coruña|Coruña]] de José Cornide]]
'''José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra''', señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na [[Coruña]] o [[25 de abril]] de [[1734]] e finado en [[Madrid]] o [[22 de febreiro]] de [[1803]], foi un [[Xeografía|xeógrafo]], [[Ciencias Naturais|naturalista]] e [[Humanismo|humanista]] [[Galicia|galego]], sendo un membro sobranceiro da corrente denominada [[Ilustración]].
'''José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra''', señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na [[Coruña]] o [[25 de abril]] de [[1734]] e finado en [[Madrid]] o [[22 de febreiro]] de [[1803]], foi un [[Xeografía|xeógrafo]], [[Ciencias Naturais|naturalista]] e [[Humanismo|humanista]] [[Galicia|galego]], sendo un membro sobranceiro da corrente denominada [[Ilustración]].



Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2010 ás 12:48

Casa na Coruña de José Cornide

José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, sendo un membro sobranceiro da corrente denominada Ilustración.

Traxectoria

De orixe fidalga, estudou Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da Sociedad Económica de Santiago, fundador da Academia de Agricultura del Reino de Galicia e primeiro secretario perpetuo da Real Academia de la Historia (1802-1803), entre outros. Ao longo da sua vida realizou completos estudos sobre historia, xeografía e economía, fundamentalmente da Galiza.

Elaborou gran cantidade de mapas, entre os que destacan os da diocese de Ourense e da de Mondoñedo. Realizou numerosas crónicas de viaxes, como Viaje desde Coruña a la Corte, ademais de cultivar literatura, tanto en lingua española como en lingua galega, aínda que os poemas na nosa lingua actualmente son descoñecidos.

Obras

  • Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia (1774).
  • Historia natural de los peces y otras especies marinas de Galicia (1788).
  • Las Casitérides, o Islas del Estaño, restituidas a los mares de Galicia. Disertación crítica en que se procura probar que estas islas no son las Sorlingas, como pretende en su Britania Guillermo Cambden, y sí las de la costa occidental del reino de Galicia. Ficha en cervantesvirtual.es (1790).
  • Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la llamada Torre de Hércules situada a la entrada del puerto de La Coruña. Ficha en cervantesvirtual.es.
  • Estado de Portugal en el año 1800.

Véxase tamén

Ligazóns externas