Liga ACT: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de Green.svg por '''Solid_green.svg'''. |
Sen resumo de edición |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
| bgcolor="#CCCCCC" |'''3º''' |
| bgcolor="#CCCCCC" |'''3º''' |
||
|- |
|- |
||
| [[Liga ACT 2003|2003]]||[[ |
| [[Liga ACT 2003|2003]]||[[Sociedad Deportiva de Remo Astillero|Astillero]]||[[Club de Remo Mecos|Mecos]]||[[Donibaneko Arraunlariak|Donibane]] |
||
|- |
|- |
||
| [[Liga ACT 2004|2004]]||[[Urdaibai Arraun|Urdaibai]]||[[ |
| [[Liga ACT 2004|2004]]||[[Urdaibai Arraun|Urdaibai]]||[[Sociedad Deportiva de Remo Astillero|Astillero]]||[[Hondarribia Arraun Elkartea|Hondarribia]] |
||
|- |
|- |
||
| [[Liga ACT 2005|2005]]||[[ |
| [[Liga ACT 2005|2005]]||[[Sociedad Deportiva de Remo Astillero|Astillero]]||[[Hondarribia Arraun Elkartea|Hondarribia]]||[[Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales|Castro]] |
||
|- |
|- |
||
| [[Liga ACT 2006|2006]]||[[Hondarribia Arraun Elkartea|Hondarribia]]||[[Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales|Castro]]||[[Orio Arraun Elkartea|Orio]] |
| [[Liga ACT 2006|2006]]||[[Hondarribia Arraun Elkartea|Hondarribia]]||[[Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales|Castro]]||[[Orio Arraun Elkartea|Orio]] |
Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2010 ás 01:45
A Liga San Miguel ou Liga ACT é a liga de remo creada pola Asociación de Clubes de Traíñas (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Asturies, Cantabria, Galiza e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.
É pois a primeira división das traíñas. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.
Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubes con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cupo de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.
Gañadores
Historia
Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:
- Facer da Liga unha competición de alto nivel amateur, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
- Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
- Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
- Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubes provenientes de Ligas Federativas.
O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos aficionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.
Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, O Astillero, para as seguintes edicións.
A partires da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.
Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)
- 1º Astillero (Cantabria)
- 2º Mecos Mondariz (Galiza)
- 3º Pasai Donibane Iberdrola (Euskadi)
- 4º Grupo Eibar Orio (Euskadi)
- 5º Naturhouse Castro (Cantabria)
- 6º Cabo da Cruz (Galiza)
- 7º Hondarribia (Euskadi)
- 8º Urdaibai Umpro Avia (Euskadi)
- 9º Pedreña (Cantabria)
- 10º Tiran Pereira (Galiza)
- 11º Grafilur Isuntza SuperBM (Euskadi)
- 12º Zarautz Inmob. Orio (Euskadi)
Equipos participantes de momento (2009) na Liga ACT
Equipo | Clube | Nome de traíña | Concello | Provincia | Temporadas | Títulos | Subcampionatos | 3º postos | Bandeiras |
Urdaibai Umpro Avia | Urdaibai Arraun Elkartea | "Bou Bizkaia" | Bermeo | Biscaia | 7 (2003-09) | 3 (2004,07,08) | 0 | 0 | 26 |
Naturhouse Castro | Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales | "La Marinera" | Castro Urdiales | Cantabria | 7 (2003-09) | 1 (2009) | 2 (2006,08) | 1 (2005) | 30 |
Hondarribia | Hondarribia Arraun Elkartea | "Ama Guadalupekoa" | Hondarribia | Guipúscoa | 7 (2003-09) | 1 (2006) | 1 (2005) | 3 (2004,07, 09) | 16 |
Grupo Eibar Orio | Club de Remo Olímpico Orio Arraunketa Elkartea | "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09) | Orio | Guipúscoa | 7 (2003-09) | 0 | 1 (2007) | 2 (2006,08) | 18 |
Pedreña | Sociedad Deportiva de Remo Pedreña | "Marina de Cudeyo" | Marina de Cudeyo | Cantabria | 7 (2003-09) | 0 | 0 | 0 | 2 |
Cabo da Cruz | Club de Remo Cabo de Cruz | "Cabo da Cruz" | Boiro | A Coruña | 6 (2003-08)[1] | 0 | 0 | 0 | 1 |
Mecos Mondariz | Club de Remo Mecos | "Mequiña" | O Grove | Pontevedra | 5 (2003-07) | 0 | 1 (2003) | 0 | 2 |
Zarautz Inmobiliaria Orio | Zarauzko Arraun Elkartea | "Enbata" | Zarautz | Guipúscoa | 5 (2003/06-09) | 0 | 0 | 0 | 1 |
Arkote | Arkote Arraun Taldea | "Plentzitarra" | Plentzia | Biscaia | 5 (2005-09) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Pasai Donibane Iberdrola | Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea | "Erreka" | Pasaia | Guipúscoa | 4 (2003-06) | 0 | 0 | 1 (2003) | 1 |
Zumaia Altuna y Uría | Aita Mari Arraun Elkartea | "Telmo Deun" | Zumaia | Guipúscoa | 4 (2006-09) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Tirán Pereira | Sociedad Deportiva Tirán | "Pereira" | Moaña | Pontevedra | 4 (2003-04/08-09) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Astillero | Sociedad Deportiva de Remo Astillero | “San José XII" (2003)/ "San José XIII" (2004-05) |
El Astillero | Cantabria | 3 (2003-05)[2] | 2 (2003,05) | 1 (2004) | 0 | 29 |
San Pedro Ecolmare | Sanpedrotarra Arraun Elkartea | "Libia" | Pasaia | Guipúscoa | 3 (2007-09) | 0 | 1 (2009) | 0 | 3 |
Grafilur Isuntza SuperBM | Isuntza Arraun Elkartea | "Isuntza" | Lequeitio | Biscaia | 3 (2003-05) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Laredo | Laredo Remo Club | "La Pejinuca" | Laredo | Cantabria | 3 (2006-08) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Trintxerpe Carglass | Club Atlético Illunbe | "Ilunbe" | Pasaia | Guipúscoa | 2 (2004-05) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Kaiku Ambilamp | Sociedad Deportiva de Remo Kaiku | “Bizkaitarra" | Sestao | Biscaia | 1 (2009) | 0 | 0 | 0 | 0 |
Samertolameu | Sociedad Deportiva Samertolameu | “Meira Mar” | Moaña | Pontevedra | 1 (2009) | 0 | 0 | 0 | 0 |