Arcaísmo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
m bot Engadido: io:Arkaismo |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
[[hu:Archaizmus]] |
[[hu:Archaizmus]] |
||
[[ia:Archaismo]] |
[[ia:Archaismo]] |
||
[[io:Arkaismo]] |
|||
[[ja:古語法]] |
[[ja:古語法]] |
||
[[ka:არქაიზმი]] |
[[ka:არქაიზმი]] |
Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2010 ás 13:16
Os arcaísmos son palabras que existían no galego medieval, mais que na actualidade non se aceptan por se consideraren antigas debido a tres factores:
- Algunhas destas palabras xa eran pouco usuais na época medieval (ex. *vegada, por vez).
- Outras voces interpretáronse mal: como o tan empregado erroneamente *conquerir (usado como conseguir), e que na Idade Media significaba conquistar.
- E incluso outras formas estaban nunha fase evolutiva (como *caor ou *coor)
Outros arcaísmos
- capiduo, *caloña, *estormento, *estoria, *maor, *mor, *outo, *tiduo, *trebuto... Algúns deles existen actualmente nos topónimos, como é o caso de Montouto ou Toxosoutos.
A aceptación
Existen casos específicos onde un termo moi habitual do galego medieval si que se acepta. Este pode ser o caso de ren (adverbio) ou res (adxectivo), admitido no VOLG de 2004. Ás veces a lingua común ou a terminoloxía e a neoloxía poden botar man de formas antigas para ampliar o seu significado á actualidade e recuperar o seu uso: é o caso de albanel, Deus palabras que xa non existían no galego oral e que se recuperaron ou reconstruíron en base ó galego medieval (ou en base ó seu outro herdeiro directo, o portugués).