Malemo Caná: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Malemo Caná''' é o nome dun suposto navegante [[musulmán]], que viviría entre os [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]], que axudou a [[Vasco da Gama]] a chegar á [[India]], partindo desde [[Melinde]], cidade hoxe sita en [[Quenia]]. '''Malemo Canã''' é o nome utilizado na crónica de [[João de Barros]], ''Décadas da Ásia'' (1552-1613); outra variante de leitura é '''Melemo Cana'''; en [[Damião de Góis]] e [[Fernão Lopes de Castanheda]] figura como ''Canaqua''.
'''Malemo Caná''', que viviría entre os [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]], é o nome dun suposto navegante [[musulmán]] que axudou a [[Vasco da Gama]] a chegar á [[India]], partindo desde [[Melinde]], cidade hoxe sita en [[Quenia]]. '''Malemo Canã''' é o nome utilizado na crónica de [[João de Barros]], ''Décadas da Ásia'' (1552-1613); outra variante de leitura é '''Melemo Cana'''; en [[Damião de Góis]] e [[Fernão Lopes de Castanheda]] figura como ''Canaqua''.


==O relato de João de Barros==
==Traxectoria==
===O relato de João de Barros===
Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou á [[illa de Mozambique]]. O xeque desta illa promételle un piloto que o guíe para India, e cúmpreo. O piloto leva a frota portuguesa ata [[Mombasa]], e foxe, mentres que os musulmáns que gobernaban na cidade téndenlle unha emboscada a Da Gama, da que logra liscar. De aí consegue arribar a [[Melinde]]. O rei de Melinde recíbeo de bo talante e promételle un piloto experto que o conduza á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:
Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou á [[illa de Mozambique]]. O xeque desta illa promételle un piloto que o guíe para India, e cúmpreo. O piloto leva a frota portuguesa ata [[Mombasa]], e foxe, mentres que os musulmáns que gobernaban na cidade téndenlle unha emboscada a Da Gama, da que logra liscar. De aí consegue arribar a [[Melinde]]. O rei de Melinde recíbeo de bo talante e promételle un piloto experto que o conduza á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:


:''entre os que viña um mouro guzarate de nación, chamado '''Malemo Caná''', quen, tanto polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceptou querer ir con eles. Do saber diso, Vasco da Gama despois que falou con el, ficou moi contento, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrombada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos moi miúdos, sen outro rumbo dos ventos...''<ref>João de Barros, ''Décadas da Ásia'', Libro IV, cap. VIII</ref>
{{Cita|''entre os que viña um mouro guzarate de nación, chamado '''Malemo Caná''', quen, tanto polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceptou querer ir con eles. Do saber diso, Vasco da Gama despois que falou con el, ficou moi contento, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrombada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos moi miúdos, sen outro rumbo dos ventos...''<ref>João de Barros, ''Décadas da Ásia'', Libro IV, cap. VIII</ref>}}


Caná acompañou e guiou a frota portuguesa ata [[Calcuta]], a actual [[Kozhikode]], na costa de [[Malabar]], na India, e axudou nas primeiras negociacións de Vasco da Gama coas autoridades desa cidade.
Caná acompañou e guiou a frota portuguesa ata [[Calcuta]], a actual [[Kozhikode]], na costa de [[Malabar]], na India, e axudou nas primeiras negociacións de Vasco da Gama coas autoridades desa cidade.
Liña 18: Liña 19:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Vasco da Gama]]
*[[Vasco da Gama]]
*[[Ahmed Ibn Majid]]
*[[Ahmed Ibn Majid]]

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2009 ás 12:55

Malemo Caná, que viviría entre os séculos XV e XVI, é o nome dun suposto navegante musulmán que axudou a Vasco da Gama a chegar á India, partindo desde Melinde, cidade hoxe sita en Quenia. Malemo Canã é o nome utilizado na crónica de João de Barros, Décadas da Ásia (1552-1613); outra variante de leitura é Melemo Cana; en Damião de Góis e Fernão Lopes de Castanheda figura como Canaqua.

Traxectoria

O relato de João de Barros

Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou á illa de Mozambique. O xeque desta illa promételle un piloto que o guíe para India, e cúmpreo. O piloto leva a frota portuguesa ata Mombasa, e foxe, mentres que os musulmáns que gobernaban na cidade téndenlle unha emboscada a Da Gama, da que logra liscar. De aí consegue arribar a Melinde. O rei de Melinde recíbeo de bo talante e promételle un piloto experto que o conduza á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:

entre os que viña um mouro guzarate de nación, chamado Malemo Caná, quen, tanto polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceptou querer ir con eles. Do saber diso, Vasco da Gama despois que falou con el, ficou moi contento, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrombada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos moi miúdos, sen outro rumbo dos ventos...[1]

Caná acompañou e guiou a frota portuguesa ata Calcuta, a actual Kozhikode, na costa de Malabar, na India, e axudou nas primeiras negociacións de Vasco da Gama coas autoridades desa cidade.

Interpretación

Resulta indubidábel que Vasco da Gama buscaba un piloto para navegar no Índico, cousa que non era doada. Así como non era fácil navegar no Atlántico, onde os portugueses aprenderon logo de décadas de experimentación e acopio de datos (por exemplo, os ventos alisios obrigaban a internarse no medio do océano, para logo virar a favor dos contralisios no hemisferio sur, e poder chegar logo ata a costa africana), o novo mar era así mesmo unha incógnita para os navegadores portugueses que por vez primeira se internaban nel, despois de dobrar o cabo de Boa Esperanza. De aí a busca ansiosa de Da Gama para conseguir un piloto, sabendo ben que os musulmáns dominaban o Índico. A información sobre parte destes asuntos obraba en poder da Casa real portuguesa remitida por Pero da Covilhã, explorador que estivera na mesma India, chegando por outros camiños.

Malemo Caná, segundo certos investigadores, é identificado co explorador árabe Ahmed ibn Majid, o que non é doado de probar. Esta identificación faise a partir de fontes árabes nas que se di que a Ibn Majid o emborracharan os portugueses. A historia é coñecida en Occidente de tempo atrás, e crese no seu momento que non é máis ca unha fantasía pola que os musulmáns explicaban o éxito portugués, sendo conscientes da importancia que a fazaña de Vasco da Gama tiña para os seus intereses.

Bibliografía

  • Kramers, J.H., Geografía y Comercio, in Arnold, Thomas e Guillaume, Alfred (eds.), El legado del Islam, Madrid. Ediciones Pegaso. 1944.
  • Tarracha Ferreira, Maria Emma, Introdução à Literatura dos Descobrimentos Portugueses. Editora Ulisseia. s.l.. D.L. 1993

Véxase tamén

Outros artigos

  1. João de Barros, Décadas da Ásia, Libro IV, cap. VIII