Conversa:Malemo Caná

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Aparte de que está saíndo cortado o artigo, non entendo cal é exactamente o problema con este "verbete". O nome do piloto figura na Wikipedia portuguesa como Melemo Cana, que coido é unha leitura apresurada do autor do artigo (non lembro se dentro do artigo Vasco da Gama ou no de Melinde) (podo comprobalo nun chischás), pero non está desenvolvido.

As noticias sobre el son escasas; Caná desaparece sen máis logo de atinxir Calecute os portugueses en 1498 (e axudalos inicialmente); Tarracha - cita que incluín hoxe - di que investigadores franceses o identifican con Ibn Majid (está identificado dentro deste artigo que abrín, con as alternativas do seu nome usadas nos artigos correspondentes das Wiki inglesa e francesa).

A identificación de Caná con Ibn Majid é problemática (se abre calquer dos artigos citados sobre el verá que o identifican sen moita convicción): primeiro o nome de Malemo Caná non se parece nada ao de Ibn Majid; Malemo pode corresponder ao árabe Malamud; segundo, Joâo de Barros di que era guzarate de nación, é dicer, que era de Gujarat, na India (e non da zona de Omán, que é de onde era ibn Majid).

17:31 - 18:51, 10.04.2007, IP 213606030

Pódese abrir tamén o artigo sobre Vasco da Gama da Wikipedia en inglés, onde as dúbidas, sobre a identificación de Malemo Caná con ibn Majid, sinálanse pola avanzada idade que este tería na altura de 1498 (talvez máis de 65 anos). No artigo da Wiki-italiano sobre Ahmad b. Majid al-Najdi (que por certo carece de enlaces con o resto das Wikipedias), danse certas razóns polas que os portugueses ocultarían ao resto do mundo a ibn Majid (non arrebatar a gloria de Portugal, etc), o cal é unha verdade a medias. Pero para a nacionalidade de ibn Majid dase que é iemení (segue sen ser gujarate); este artigo da o nome do piloto, segundo as fontes portuguesas, como Malemo Caná e Malemo Canaqua, precisamente (explica Canaqua polo árabe), pero non abre nen artigo, nen ligazón.

No entretanto ibn Majid ten artigo en galego (Ahmed Ibn Majid)

Non entendo as reticencias e segue a saír o artigo de Caná recortado.

0:51, 11.04.2007, IP 213606030

  • Eu fun quen sinalou o artigo coa etiqueta de atención, máis ca nada porque contiña numerosos erros de estrutura e de estilo, que había que retocar. Pero nada que tivese importancia. Só que nese momento eu non me podía parar e sinaleino así para que viñese outro editor que si puidese retocar ligazóns, o formato da cita, etc. Nada, xa che digo, preocupante. Creo, ademais, que deberías incorporar estes comentarios e precisións sobre a súa identidade ao artigo. Un saúdo: --Xabier Cid 23:25, 10 abril 2007 (UTC)